HomePolíticaAna Pontón visita Chantada

Ana Pontón visita Chantada

Será este martes, 5 de xullo, día no que manterá unha intensa axenda de encontros económicos e sociais. Visitará algunhas empresas do Polígono Industrial Os Acivros, unha adega e terá para rematar a xornada un encontro coa veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, realiza unha visita a Chantada este martes 5 de xullo. O obxectivo é manter unha intensa axenda de encontros económicos e sociais que iniciará coa visita a fábrica Daveiga, galletas mariñeiras e que continuará despois na empresa A túa xanela, especializada na instalación das novas tecnoloxías tamén en concellos de tamaño medio. Para rematar a xornada matinal, e acompañada dos responsables locais e comarcais do BNG, Pontón aproveitará para facer unha visita ao mercado do gando.

Pola tarde, a líder do Bloque visitará a Adega e viñedos Lareu, tendo en conta o estratéxico do sector vitivinícola na comarca, e finalizará a xornada cun acto público aberto á veciñanza na praza do Cantón ás 20.00 h. Neste encontro intervirán tamén a responsable comarcal, Rosana Prieto, e o responsable local en Chantada, Manuel Moure.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...