HomePolíticaPor Chantada pide que se axilice o rozado das gabias

Por Chantada pide que se axilice o rozado das gabias

Por Chantada diríxese á Deputación de Lugo e ao Concello de Chantada para que axilicen a limpeza das gabias nas estradas do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran desde Por Chantada que xa teñen proposto o arranxo de múltiplas estradas, que seguen igual, por exemplo entre Brandián e Terra Branca no caso das do Concello ou a LU-P-1815 no caso das da Deputación. “Noutros casos, a Deputación de Lugo usou grava deixando fochancas e malgastando os cartos nunha actuación que non atinxe nen a consideración de parche, por exemplo a LU-P-1807, e que a viciñanza dun xeito unánime cualifica de tomadura de pelo. Urxe unha reparación no firme de varias estradas, xa que está moi deteriorado e con múltiplas fendas”, aseguran.

As estradas locais e provinciais teñen sen rozar as gabias, “algo que é especialmente perigoso pois nesas estradas e pistas non existen beirarrúas nin sendas peonís, o ancho é menor que noutras vías e é habitual o tránsito de animais domésticos”. Aseguran que o ente provincial precisa revisar as estradas da súa titularidade e instalar medidas de protección nalgúns puntos. “Os valados de protección cumpren unha función moi importante para evitaren saídas de vías, que en moitos pontos poden ser fatais e máxime na época estival onde recebemos unha incidencia maior de visitantes foráneos que non sempre están afeitos a andar polas estradas do rural.”

Por Chantada levara ao Concello unha moción coa relación de estradas que precisaban arranxos por parte das diferentes administracións e, por unanimidade, aprobárase crear unha comisión de infraestruturas que nunca chegou a convocarse por parte do alcalde. Consideran tamén que a Deputación de Lugo debe revisar a sinaléctica nos diferentes lugares para ter unha veñocidade axeitada e piden pasos de peóns nalgúns puntos.

ÚLTIMAS

Daveiga dá a coñecer o seu ‘modelo de economía social’ ás novas xeracións con visitas escolares

Dende a sociedade explican que se puxo en marcha no curso 2019-2020 como un proxecto piloto....

O Concello de Chantada xa suma 3 vehículos eléctricos á flota municipal

Os dous novos vehículos teñen un orzamento de 88.400€, dos que o Concello de...

60.000€ na mellora da eficiencia enerxética do Pavillón Deportivo de Oural

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións para comprobar o resultado...

O PP de Monforte pedirá en pleno iniciar os trámites para contar cun PXOM actualizado á normativa vixente

A voceira municipal do PP, Katy Varela, sinala que o Concello de Monforte de...