HomePolíticaOs populares de Monforte levan a pleno a situación do campo de...

Os populares de Monforte levan a pleno a situación do campo de fútbol da Pinguela

No PP destacan que “o equipo de fútbol da cidade, o Lemos, non poderá de momento xogar os partidos neste recinto, o que lle ocasiona un grave prexuízo económico”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o PP, a finais do mes de xullo déronse unha serie de deficiencias no estado do campo de fútbol de A Pinguela e as actuacións posteriores do Concello empeoraron a situación.

A portavoz popular explica que, a día de hoxe, “o campo de fútbol está inoperativo, polo que o equipo de fútbol da cidade, o Lemos, non poderá de momento xogar os partidos neste recinto, o que lle ocasiona un grave prexuízo económico; esta situación pode chegar a ocasionar un trastorno no resto de competicións que incumben aos equipo de fútbol da cidade”.

Varela anuncia a presentación dunha iniciativa no pleno, “para coñecer con exactitude que ocorreu no campo de fútbol e cal será a solución”. Os populares sinalan que “as continúas ausencias do alcalde da cidade dan lugar a pouco control na execución das distintas obras, polo que acaban por converterse en chapuzas”.

O PP, por outro lado, di que, “despois do pomposo anuncio do alcalde do arranxo dos outros dous campos de fútbol (Luís Bodegas e Escolapios), cuxo contrato estaría adxudicado a principios de agosto, comprobamos na plataforma de contratación que, segundo o estado do contrato, este aínda non foi adxudicado, polo que se continúa así cara a finais de mes deberemos preguntar tamén polo estado deste asunto”.

Katy Varela sinala: “Xa é coñecida a afección do alcalde de Monforte á propaganda, pero tropeza coa mala execución das obras e a xestión dos contratos; é dicir, dá lugar a unha mala xestión dos recursos e unha perda de diñeiro público evidente”.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...