HomePolíticaTomé acusa de "cínica" á voceira do PP polas "mentiras" que lle...

Tomé acusa de “cínica” á voceira do PP polas “mentiras” que lle dixo ao presidente da CHMS

Dende o partido do goberno monfortino asegurase que a decisión de rozar as canles de 3 ríos de Monforte adoptouna a Confederación Hidrográfica Miño-Sil en xuño do 2015

Publicado o

- Advertisement -

José Tomé Roca, alcalde de Monforte, ven de demostrar mediante documentos da CHMS, que a voceira do PP, Julia Rodríguez, mentiu e manipulou información sobre un proxecto do Organismo de Conca para limpar os ríos de Monforte.

O pasado 12 de maio, Julia Rodríguez mantivo unha reunión con Francisco Marín, presidente da CHMS, onde lle solicitaba a limpeza dos regatos da cidade pois consideraba que “é unha intervención moi necesaria posto que este ano foi moi chuvioso e con varios asolagamentos”, tal e como xa informou XdL.

A reacción do alcalde de Monforte coñeceuse esta tarde, onde confirmaba, en rolda de prensa, que “dona Julia caeu na súa propia trampa, nada do que afirmou a voceira dos populares é certo. Falando claramente, contou unha mentira vergoñenta para un representante político e manipulou a información”. Tamén engadiu que, “non é de recibo que a voceira do PP monte un paripé e minta tan descaradamente para tratar de sacar rédito político, acusando falsamente ó Goberno municipal”.

Segundo o alcalde, “os Concellos carecen de competencia sobre a maleza e as árbores mortas e caídas nas canles”. “As competencias de manter as canles libres de vexetación é das Confederacións Hidrográficas e dos Gobernos autonómicos”.

proxecto para restauración en varias canles da conca miño-sil

A decisión de rozas as canles de 3 ríos de Monforte adoptouna CHMS en xuño do 2015, así consta no documento do Organismo de Conca no que se resolve adxudicar a redacción do prego de prescricións técnicas a Edio Ingenieros S.A., para o proxecto de resturación hidrolóxica-forestal e mellora da conectividade en varias canles da conca Miño-sil na provincia de Lugo en zonas incluídas na Rede Natura 2000 e na que están englobados 7 concellos (Vilalba, Cospeito, Begonte, Castro de Rei, Lugo, Sober e Monforte) . No caso de Monforte, o proxecto fai referencia a 3 ríos: Cabe, Arroxo e Seco. En todos estos casos, o motivo polo cal alega a Confederación para actuar é a existencia de maleza, árbores caídas, árbores secas e ramas baixas.

O Alcalde de Monforte ca Tenente Alcalde e Concelleiro de Obras. Fonte: Concello de Monforte

Ademais deste documento, o Alcalde engade que, “hai outros documentos que acreditan a montaxe vergonzosa que fixo dona Julia. Concretamente, o 30 de maio de 2017, o BOE, publicou o anuncio para a elaboración do proxecto de limpeza de canles. En agosto dese mesmo ano, adxudicouse o contrato para a elaboración do proxecto”.

Para concluir, o Alcalde manifesta que, “o único que fixo Julia Rodríguez foi unha montaxe que escondía unha gran mentira para enganar ós monfortinos, botándolle a culpa ao Concello”.

 

ÚLTIMAS

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...