HomeTerra de LemosMonforteAqualia non cumpre co contrato rubricado co Concello

Aqualia non cumpre co contrato rubricado co Concello

Publicado o

- Advertisement -

Hai que ir a oficina de atención ó público de Aqualia .Horario? de 9 da mañá a 13.00 e de luns a venres. Esta é a mensaxe que se pode ler na porta do local.

Ante esta situación, Julia Rodríguez, voceira do PP de Monforte, pídelle ó alcalde local que leve a cabo as xestións oportunas para que Aqualia amplíe a tempo completo o seu horario de oficina.

Segundo os populares, no contrato rubricado a principios do século XXI entre a xestora de augas e o mandatario da época, a concesionaria comprometíase a ter aberta a súa oficina de atención ó público 8 horas ao día e non 4. Dende o PP consideran que se está a incidir nun incumprimento “fragante” que repercute nos usuarios e na calidade de prestación do servizo.

Julia Rodríguez e o seu equipo recoñecen que levan “formulado infinidade de iniciativas” instando ó goberno local a esixir a esta concesionaria o cumprimento estrito do contrato pero que todas acabaron sendo infructuosas por falta de vontade de José Tomé Roca.

Seguindo a liña de salientar os problemas con Aqualia, dende o PP lembran que esta empresa tiña que ter construído un parque acuático na cidade fai 16 anos e, sen embargo, non o fixo o que supón un “grave prexuizo” para os cidadáns

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...