HomePolíticaCarballedo, Taboada e Chantada recibiron este ano 15.700 € para facer fronte...

Carballedo, Taboada e Chantada recibiron este ano 15.700 € para facer fronte á violencia machista

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, puxo en valor esta mañá en Chantada o importante papel que xogan os concellos pequenos para facer fronte á violencia machista ao ser a primeira liña de asistencia ás vítimas e familiares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, na súa visita ao Concello de Chantada remarcou a necesidade de cooperar entre administracións para mellorar a resposta institucional e a asistencia, axuda e protección ás vítimas da violencia machista nos municipios da provincia.

Nesta liña, informou que os tres municipios da Comarca de Chantada (Carballedo, Taboada e Chantada), recibiron este ano 15.700 euros, unha contía que nos últimos 5 anos ascende a 44.000 euros.

Durante o  encontro, a subdelegada subliñou que estas transferencias “reforzan e recoñecen o rol dos concellos na prevención e loita contra todas as formas de violencia sobre a muller, xa que os servizos municipais configuran o primeiro auxilio contra a violencia machista”.

Explicou ademais que os municipios deberán destinar estes fondos á realización de programas dirixidos á erradicación da violencia de xénero no marco das súas competencias. Por exemplo, desenvolver campañas de sensibilización e prevención, mellorar os servizos de atención e información, formar en igualdade aos profesionais municipais ou reforzar os corpos de Policía Local adheridos ao Sistema Viogen e aos Puntos de encontro familiar.

CRITERIOS PARA REPARTIR OS RECURSOS

O Real Decreto 1023/2020, do 17 de novembro recolle os criterios de repartición establecidos e contemplan, por unha banda, unha cantidade fixa para cada localidade –-sen ter en conta a súa poboación-– e outra contía fixa en función da poboación do municipio.

Ademais, o remanente que existe despois de aplicar os criterios anteriores distribúese proporcionalmente entre todos os municipios incorporados ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén) do Ministerio de Interior, así como entre os concellos nos que están empadroadas vítimas usuarias do servizo telefónico de Atención e Protección para vítimas da violencia de xénero (ATENPRO) no primeiro día do mes anterior ao que se dite a resolución anual de transferencias.

ÚLTIMAS

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...