HomePolíticaTraballadoras do SAF de Monforte e de toda Galicia concéntranse, convocadas pola...

Traballadoras do SAF de Monforte e de toda Galicia concéntranse, convocadas pola CIG, por un convenio digno

Esta semana traballadoras do SAF de Monforte e de toda Galicia concentráronse convocadas pola CIG. Non consideran axeitado o preacordo do convenio colectivo que a nivel galego quere asinar a patronal do sector coa UGT e CCOO.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Traballadoras dos servizos de axuda no fogar concentráronse este mércores diante das oficinas dalgunhas das principais empresas do sector para amosar o rotundo rexeitamento ao preacordo de convenio colectivo asinado por CCOO e UGT coa patronal e demandar condicións laborais e salariais dignas.

“Precariedade e escaso recoñecemento social marcan o día a día das traballadoras que prestan un labor básico para centos de persoas en toda Galiza como é servizo de axuda no fogar. Un servizo público do que a Xunta de Galiza se desentendeu, traspasando a súa prestación aos concellos, que á súa vez deixan a xestión destes coidados en mans de empresas privadas, máis preocupadas por obter grandes beneficios que por garantir unhas condicións laborais e asistenciais dignas,” sinalan desde a CIG.

Cun convenio sen actualizar dende 2011 e tras as situacións dramáticas vividas durante a pandemia, acusan á patronal de buscar crear unha dobre escala salarial con dúas táboas diferenciadas en función de cando se liciten os contratos.

Isto provocaría, denuncia a secretaria nacional de CIG-Servizos, Transi Fernández, “que ás traballadoras dun concello no que non se vai sacar o novo concurso ata dentro de dous anos, se lles apliquen incrementos salariais do 1% en 2023 e doutro 1% en 2024, mentres que as traballadoras do concello do lado, onde liciten este ano, van ter incrementos do 3,15% en 2023 e do 3,15% en 2024. Unha terá en dous anos unha suba do 2% e a outra dun 6,30%”, explica.

SAF Monforte concentración outubro 2022 / CIG

Segundo o sindicato, as traballadoras do SAF levan anos padecendo condicións laborais de absoluta precariedade, cunhas elevadas taxas de parcialidade, sen que se lle respecten os seus dereitos e mesmo subvencionando parte do servizo, “xa que, por exemplo, son elas as que poñen os seus vehículos particulares para trasladarse dun domicilio a outro e na maioría dos casos, malia o medre disparado do custe dos carburantes, teñen conxelado o prezo de compensación polo gasto do combustíbel.”

A secretaria nacional da CIG-Servizos indica que aínda que hai algunha mellora no preacordo, como a redución de xornada, esta aplicaríase a partir de 22,5 horas en 2024 e de menos de 30 horas en 2026. “É dicir, que en xaneiro de 2026 quedaría a xornada en 1695 horas”. Neste senso, Fernández lamenta que se esqueza que as traballadoras do SAF “traballan todas a tempo parcial, mínimo 25 horas” e que isto non está reflectido na xornada laboral semanal. A CIG chama a todas as traballadoras do SAF a participar nas mobilizacións que se convoquen e secundar a folga para amosar o rotundo rexeite a este preacordo e exixir un convenio digno e con dereitos.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...