HomePolíticaO PP de Monforte leva a pleno a “lamentable situación” dos aparcadoiros...

O PP de Monforte leva a pleno a “lamentable situación” dos aparcadoiros públicos

O Partido Popular de Monforte presentará ao pleno do próximo luns, 28 de novembro, unha moción para solicita o arranxo dos aparcadoiros públicos do centro da cidade, que na actualidade aseguran, "presentan un estado de deterioro e abandono que dificulta o acceso e estacionamento dos vehículos e o tránsito dos peóns."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, denuncia na moción o estado que
presentan actualmente os aparcadoiros da Rúa Hortas, Rúa Conde e Rúa Xulio Camba, tres superficies de estacionamento público no centro de Monforte que están cheas “de enormes fochancas e pozas de auga que as fan intransitabeis e deterioran a imaxe da cidade”, subliña.

Katy Varela reclama ao grupo de goberno do Concello que cumpra coa súa obriga de manter e arranxar estes terreos privados de uso público, e que na actualidade teñen unha enorme demanda ao ser as tres zonas de aparcadoiro máis céntricas da cidade e na contorna do casco histórico.

A proposta alude de xeito especial ao aparcadoiro situado na céntrica Rúa Hortas, que na actualidade presenta un estado de enorme deterioro e difícil acceso. A voceira asegura que, segundo o contrato de arrendamento deste terreo firmado polo alcalde, José Tomé co propietario do mesmo, o Concello “ademais de pagar a renda pactada, comprométese segundo a cláusula segunda, a levar a cabo as reparacións necesarias no inmoble para cumprir coa función sinalada no contrato”.

Aparcadoiro rúa do Conde

Varela engade que o grupo popular recibiu abundantes queixas de usuarios
habituais destes estacionamentos, especialmente veciños procedentes de
parroquias próximas ao casco urbano de Monforte, que protestaron polo mal estado que presentan e polas irregularidades do terreo, que dificultan e
praticamente impiden a súa utilización “especialmente por persoas de idade avanzada”. Katy Varela reclama ao alcalde que cumpra coa súa obriga para manter de xeito adecuado este servizo para veciños e visitantes. “Se o alcalde presume dos orzamentos máis sociais o que ten que facer é manter e conservar en perfectas condicións este servizo de atención aos cidadáns de Monforte”, remata Katy Varela.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...