HomePolíticaO BNG de Monforte solicita a redacción dun plan enerxético para o...

O BNG de Monforte solicita a redacción dun plan enerxético para o concello

O voceiro nacionalista, Emilio José Sánchez, apunta que, con ese plan, ademais do aforro económico, o Concello de Monforte contribuiría a reducir as emisións nocivas á atmosfera, rebaixando o impacto negativo sobre o medio ambiente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os nacionalistas, a suba dos prezos da enerxía está a provocar un importantísimo incremento no gasto desta partida para as arcas municipais, algo que, “o implica a redución doutros investimentos tamén necesarios para este noso concello.”

No pasado mes de agosto, o Consello de Ministros do Estado Español, a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica, aprobou un Real Decreto Lei cun plan de choque de aforro e xestión enerxética. Segundo a opinión de Emilio Sánchez, concelleiro do BNG no Concello de Monforte de Lemos, “Monforte precisa dun plan que o oriente cara a un imprescindíbel aforro enerxético, e polo tanto económico, nos edificios, alumeado e demais infraestruturas públicas.”

Os nacionalistas aseguran que deste modo ademais do aforro económico, o Concello de Monforte contribuiría a reducir as emisións nocivas á atmosfera, rebaixando o impacto negativo sobre o medio ambiente.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...