HomePolíticaPor Chantada defenderá en pleno dúas mocións a prol da igualdade

Por Chantada defenderá en pleno dúas mocións a prol da igualdade

Por Chantada presenta ao pleno deste día 1 de decembro, dúas mocións a prol da igualdade. Unha delas refírese ao 25N e a outra para unha discriminación positiva en materia fiscal para o interior galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con respecto ao Día Internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres, Por Chantada demanda o cumprimento efectivo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, impulsando as modificacións lexislativas pendentes a adoptando as medidas recollidas neste Pacto en materia de prevención, detección e atención integral. para frear as violencias.

Piden que a Xunta poña sobre a mesa recursos suficientes para loitar contra a violencia machista e que bote a andar os catro centros previstos de atención 24 horas a vítimas de violencia sexual, e ampliar o número de prazas e recursos dispoñibles nas casas de acollida para mulleres vítimas.

A moción demanda fomentar a Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero en colaboración coa FEGAMP e dar apoio técnico aos concellos; e que a Xunta aprobe un programa de ampliación e extensión dos CIM.

Piden que desde o Observatorio Galego de Violencia de Xénero, se propoñan medidas para a prevención e erradicación da violencia machista e que o concello impulse no vindeiro ano unha ordenanza específica sobre igualdade e que apoie a creación e continuidade de asociacións de mulleres como espazo de participación e empoderamento feminino.

A outra moción de Por Chantada defende medidas de discriminación positiva en materia fiscal para o interior galego. Propoñen a modificación do mapa de axudas rexionais para dar axudas ás provincias de Lugo, Ourense e Zamora coa máxima intensidade que o marco europeo permita a razón da súa condición ultraperiférica. E instan a que se impulse unha renda básica rural.

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...