HomePolíticaO PSOE de Chantada pide unha nova ampliación do Polígono Industrial dos...

O PSOE de Chantada pide unha nova ampliación do Polígono Industrial dos Acivros

A agrupación socialista de Chantada levará ao pleno a petición dunha segunda ampliación do polígono industrial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas destacan na moción o éxito da posta en servizo do Polígono dos Acivros en 1986, que xa en 2013 precisou dunha primeira amplicación e que conseguiu fixar tecido industrial no concello.

A voceira socialista, Raquel López, destaca que “é grazas ó propio éxito do polígono que na actualidade non quede apenas solo dispoñible, pola alta demanda”. Precisamente, a principios do mes de novembro unha das empresas afincadas no polígono chantadés, Galletas Daveiga, inaugurou unha nova nave de produción. Os socialistas poñen esta empresa como exemplo da importancia de apostar polo fortalecemento dun tecido industrial que, en boa parte, está ligado á transformación de produtos da terra. “Fixar industria en solo chantadés é esencial polo seu valor económico, mais tamén social, de cara á creación de postos de traballo e fixación de poboación”, inciden dende o PSOE.

Os socialistas pedirán en pleno modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e promover os proxectos necesarios para poder levar a cabo esa segunda ampliación do polígono. Ademais, solicitarán que sexa a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia quen leve a cabo a promoción, financiamento e execución das obras.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...