HomePolítica"Desde o 2018 a Deputación non avanzou na construción da residencia de...

“Desde o 2018 a Deputación non avanzou na construción da residencia de Folgoso do Courel”, lamenta a alcaldesa

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, mantivo este luns unha xuntanza de traballo na Deputación de Lugo co responsable de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, para coñecer os plans que o organismo provincial ten en relación coa residencia para persoas maiores que se vai construír na localidade, e que debería estar rematada xa no ano 2019.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lola Castro manifesta a súa “decepción” pola lentitude que a Deputación de Lugo está a amosar na construción da residencia de maiores da localidade. “Recordeille ao deputado que o Concello fixo o traballo que lle correspondía, mentres que a Deputación leva moito tempo xa sen dar un só paso para que a construción da residencia sexa unha realidade. Tampouco hoxe na Deputación de Lugo foron capaces de fixar unha data para o inicio das obras nin para a entrada en funcionamento deste servizo.”

Lola Castro recorda que o Goberno local levou a cabo a cesión dos terreos onde se vai levantar a residencia xa no ano 2019. En xaneiro deste mesmo ano aprobou a licenza para a construción da residencia e aprobou unha addenda ao convenio inicial, a segunda, “sen que a Deputación de Lugo dera ningún paso nesa dirección desde o ano 2018”.

Á vista destes datos e da “falta de feitos” por parte do Goberno Provincial, a rexedora cre que os veciños e veciñas do Courel “non merecen este trato”.

A alcaldesa lamenta a “falta de compromiso da Deputación de Lugo cos veciños e veciñas do Concello de Folgoso do Courel e cunha infraestrutura e uns servizos que cada vez son máis necesarios e demandados.”

A nova construción ocupará unha superficie de 780 metros cadrados no antigo colexio de Folgoso. O investimento previsto inicialmente para este proxecto ascenderá a 1,4 millóns de euros, dos que a Deputación achega 1,2 millóns e o Concello os 200.000 euros restantes.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...