HomePolítica"De nada vale un centro de ciberseguridade en Monforte sen boas conexións...

“De nada vale un centro de ciberseguridade en Monforte sen boas conexións ferroviarias”, asegura o PPdeG

Ao respecto do anuncio de que Monforte de Lemos será a sede do primeiro centro de ciberseguridade de Renfe, o Partido Popular de Galicia lamenta que esta noticia non vaia acompañada das actuacións precisas para reverter a “desconexión ferroviaria á que Sánchez, da man do Goberno central, somete a Galicia e en especial á provincia de Lugo."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares consideran neste sentido que “de nada vale un centro de ciberseguridade se nin o concello de Monforte nin a provincia contan con boas conexións ferroviarias co resto de cidades galegas e con España”. Lamentan así mesmo o “partidismo” deste anuncio, xa que nin o Goberno galego da Xunta tiña coñecemento previamente nin se contou no acto con ningún representante do Partido Popular.

Desde o PPdeG sosteñen que “a aposta pola conectividade de Galicia e de Lugo demóstrase con investimentos necesarios e non con anuncios”, facendo referencia a que nos Presupostos Xerais do Estado para 2023 non se contemplen nin as variantes de trazado nin a conexión por alta velocidade de Lugo. Os populares lembran, ademais, a listaxe de incumprimentos e demora que acumula a alta velocidade en Galicia, sobre todo a chegada dos trens Avril, anunciada para o pasado verán.

Arias: “Desbloquear o proxecto de acceso ao porto secto depende exclusivamente do ADIF”

O PP tamén insiste coa situación de bloqueo do porto seco de Monforte. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asegura “demostra unha total falta de vontade do Goberno central de sacar adiante esta infraestrutura, na que a Xunta de Galicia leva investidos en total preto de 20 millóns de euros”. Arias considera que a posibilidade de que Monforte teña nun futuro o centro de ciberseguridade ferroviario é unha boa nova, pero cre que “tería sido mellor noticia que aproveitaran esa reunión para pedir o desbloqueo do proxecto do acceso ao porto seco”.

Neste sentido, o delegado territorial insiste en que a execución da conexión desta futura infraestrutura coa a N-120 sigue bloqueada desde hai anos ante a falta de compromiso do Goberno central que non colabora no desenvolvemento desta infraestrutura e que, aínda por riba, obstaculiza as autorizacións necesarias para avanzar nesta intervención.

Desde a Delegación Territorial da Xunta en Lugo, o seu máximo responsable lembra que unha vez aprobado, en 2019, o novo proxecto de trazado e impacto ambiental, “o Goberno do Estado esixe para autorizar a conexión a supresión dun paso a nivel, que, nada ten que ver coa actuación que propón a Xunta de Galicia, razón pola que creo que a postura do Goberno central está bloqueando a actuación en Monforte”.

Arias asegura que a Xunta aposta por esta infraestrutura cunha bonificación do 50% na adquisición de solo industrial no porto seco, buscando favorecer a implantación de empresas e industrias e considera que “tiñamos unha oportunidade irrepetible de darlle pulo á  infraestrutura con recursos do  Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (dos fondos europeos Next Generation). E así llo solicitou a Xunta expresamente ao Goberno central, pero desestimaron a petición; de feito excluíron a practicamente todo o territorio galego de poder acceder a estes fondos en materia de mobilidade”.

Acceso Porto Seco Monforte / Paulino C.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...