HomePolítica"Un antes e un despois para a Lagoa das Covas", José Tomé,...

“Un antes e un despois para a Lagoa das Covas”, José Tomé, alcalde de Monforte

Esta foi unha das afirmacións realizadas polo rexedor monfortino na inauguración das obras na contorna do Cabe onde a Pinguela. O acto foi esta mañá e contou coa presenza do Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé Roca, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, deu por rematadas as obras de acondicionamento e mellora da Lagoa do Parque de Cobas. En palabras do rexedor monfortino, unha vez finalizadas supoñen ”un antes e un despois para a zona da Lagoa de Covas na Pinguela, que estaba completamente degradada, e que agora ponse en valor”.

Con esta mellora, completarase unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2). Ademais do acondicionamento da lagoa da Pinguela, tamén se levou a cabo a construción dun paseo que conforma un circuíto ao seu arredor e a instalación dunha nova presa desmontable. “Esta necesidade xurdiu en 2016”, explicou o Alcalde, “cando unha riada levou por diante a presa que había”.  

O Alcalde agradeceu o investimento levado a cabo pola Confederación Hidrográfica que foi de 612.000 euros de execución de obra, “o que lle quero agradecer expresamente ao seu Presidente, pois este esforzo que fixo en Monforte o organismo de conca cambiou totalmente a faz que tiña esta lagoa e esta zona”.

Pola súa banda, o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil salientou que “con esta actuación, que se engade a outras acometidas polo Concello e pola Deputación de Lugo, consolidamos unha zona marxinada e poñémola dentro da dinámica urbana, á vez que levamos a cabo a mellora da conectividade do río e sen dúbida unha acción medioambiental de enorme importancia. En definitiva, é unha mellora que non so beneficia ós veciños de Monforte senón tamén de toda a comarca”.

As obras de mellora que se desenvolveron na zona da Pinguela están detalladas na propia web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...