HomePolítica29 prazas e 25 postos de traballo na nova residencia de Ribas...

29 prazas e 25 postos de traballo na nova residencia de Ribas de Sil

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou este xoves o Centro de Atención a Maiores (CAM) de Ribas de Sil no marco dunha xornada de portas abertas organizada pola institución en colaboración co Concello durante a que as persoas que solicitaron praza e outras interesadas tomaron contacto coas instalacións e co persoal do centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Cumprimos co compromiso que tiñamos adquirido co Alcalde, co Concello e cos veciños e veciñas de Ribas de Sil de ter a punto esta residencia antes de acabar este ano 2022 para que poidan entrar a vivir nas vindeiras semanas os primeiros usuarios e usuarias”, subliñou o mandatario provincial, quen lamentou que o rexedor, Miguel Ángel Sotuela Vega, non puidera acudir por motivos de saúde.

O Presidente deu as grazas ó Alcalde de Ribas de Sil e a todo o seu equipo polo seu traballo, e recoñeceu o labor dos seus predecesores no cargo, e dos traballadores e traballadoras do Concello e da Deputación implicados na posta en marcha da residencia.

Co CAM de Ribas de Sil, o noveno da rede provincial, a Deputación ofrece 29 prazas asistenciais e crea 25 postos de traballo directos, ademais dun retorno en termos económicos e de emprego para o municipio e a comarca da Ribeira Sacra.

Neste sentido, o Presidente explicou que o centro de maiores “será un activo moi importante para o concello, tanto a nivel social, como económico”, porque, como todas as residencias da Deputación, funcionará baixo “un modelo 100% público, centrado nas persoas, non na rendibilidade económica; que favorece o arraigo porque teñen prioridade no acceso ás prazas os propios veciños de Ribas de Sil, logo os da comarca e os do resto da provincia; e que dinamizará a economía porque se crean 25 postos de traballo directos, e todos os produtos e servizos que sexa posible compraranse na zona”.

Residencia e centro de día Ribas de Sil / Facebook Ribeira Sacra

“Estamos satisfeitos porque cumprimos con Ribas de Sil, pero tamén con todos os veciños e veciñas da provincia, porque conseguimos o obxectivo que nos marcamos cando tomei posesión como Presidente da Deputación no ano 2019: ter abertas 9 residencias antes finalizar o mandato”, destacou José Tomé, ademais de “seguir avanzando durante estes catro anos nos proxectos para crear outros 9 centros, xa que a rede de residencias da Deputación contempla un total de 18”.

Un modelo de referencia

O modelo asistencial a persoas maiores que ten implantado a Deputación de Lugo está xa moi contrastado, funciona noutros 8 concellos e, ademais, está xerando un gran interese dentro e fóra de Galicia. De feito, a institución xa acudiu en tres ocasións á Semana Europea das Rexións e Cidades para explicar o seu modelo, e foi a única de toda España convidada á presentación celebrada na Moncloa do PERTE da Economía Social e dos Coidados.

A residencia de Ribas de Sil é a sexta que a Deputación pon en marcha no vai de mandato e a novena da rede provincial en funcionamento, xunto coas de Trabada, Pol, Ribadeo, Castroverde, A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Meira e Navia de Suarna.

ÚLTIMAS

3.650 persoas de 150 asociacións participaron do Coñece a túa Provincia que pecha tempada

A Deputación de Lugo vén de pechar esta semana “con éxito” unha nova tempada...

‘La ratita presumida’: Teatro infantil este domingo en Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro que fai posible a...

105.000€ da Deputación para novos servizos en Taboada

A Xunta de Goberno deste venres aprobou un convenio co concello de Taboada de...

121.000€ para un novo vehículo eléctrico de recollida do servizo da fracción orgánica no Concello de Chantada

Este novo vehiculo supuxo un investimento de 121.000€, aportando a Xunta de Galicia 90.000€,...