HomePolíticaO PP de Sarria pide un pleno extraordinario sobre os "graves incumprimentos...

O PP de Sarria pide un pleno extraordinario sobre os “graves incumprimentos que recolle un informe de intervención”

O grupo popular de Sarria acaba de solicitar un pleno extraordinario para que o goberno municipal dea explicacións acerca dos “graves incumprimentos financeiros” polos que a interventora do Concello informou desfavorablemente distintos trámites en materia económica e contractual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O informe refírese, segundo sinalan os populares, á tramitación dos contratos menores, á súa utilización e á existencia ou non de fraccionamento indebido destes contratos no 2021; ao procedemento de xestión e liquidación de taxas e prezos públicos, e tamén á tramitación e xestión das devolucións de ingresos indebidos. Igualmente, con respecto á xestión das caixas de efectivo do exercicio 2021.

Os populares aseguran que os informes da interventora, “son desfavorables e non estamos a falar de trivialidades, senón do incumprimento da lei no manexo dos fondos públicos”.

Insisten na gravidade dos contratos menores de obra, servizos e subministros. Neste caso, nos informes “analízanse aleatoriamente corenta dos 116 localizados, e, aparte do cúmulo de irregularidades que se poñen de manifesto na tramitación e contratación, está para nós o abuso que se fai deste tipo de contratos”.

O obxectivo deste pleno aseguran os populares, que é “que a alcaldía dea explicacións claras e convincentes, en relación con estes graves incumprimentos financeiros e que facilite a relación dos contratos menores cos seus correspondentes importes e adxudicatarios”.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...