InicioPolíticaKaty Varela denuncia a "pasividade" de Tomé no proxecto da A-76

Katy Varela denuncia a “pasividade” de Tomé no proxecto da A-76

A portavoz do PP de Monforte denuncia a "pasividade" do alcalde de Monforte, José Tomé, ante os sucesivos atrasos do proxecto de trazado e construción da autovía A-76 Ponferrada-Ourense no tramo enlace Monforte Este-Babela (Distriz).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A autovía Ponferrada-Ourense ou A-76 unirá as cidades de Ponferrada e Ourense. Formará, en conxunción coas autovías A-54 Lugo-Santiago, A-56 Lugo-Ourense e coa proxectada A-72 Monforte-Chantada, o acceso prioritario á meseta para a Galicia Central e Interior.

A voceira popular sinala que “A redacción da proposta técnica deste tramo de enlace con Monforte, dunha extensión de 7,7 kilómetros, na actual N-120, permanece sen rematar a finais de 2022, o que suporía un retraso de máis de dous anos sobre o prazo contractual previsto”, Varela súmase deste xeito á iniciativa presentada polos deputados populares por Lugo e Ourense en demanda de resposta ao grao de execución deste proxecto a data 31 de decembro de 2022 referida ao tramo da A-76 na circunvalación de Monforte. O texto recorda que o Goberno central sacou a licitación o 11 de novembro do 2017, a redacción dos proxectos de trazado e construción da variante de Monforte da referida autovía.

Once meses despois, o 7 de setembro do 2018, o Ministerio de Transportes publicaba no Boletín Oficial do Estado (BOE) a resolución dese concurso. A empresa elixida tiña 18 meses para terminar o traballo e os proxectos deberían estar entregados o 7 de marzo do 2020. En xuño do 2021 o Goberno respondeu que “a redacción dos proxectos de trazado e construción deste tramo que une Monforte Este-Babela da autovía A-76 estaba sen rematar”.

Katy Varela demanda tamén ao alcalde monfortino que reclame con urxencia o arranxo da N-120, que cada vez está en peores condicións e afecta á seguridade dos usuarios. “As actuacións nesta vía non deben ser parches puntuais, hai que mellorala a fondo e repintar sinais horizontais que non se ven con claridade. É a estrada principal que nos une coa meseta e unha importante saída de mercadorías do Polígono do Reboredo. Polo que debe estar en perfectas condicións de tránsito”, puntualiza Katy Varela, “os últimos problemas na N-120, xurdidos estes días por mor do mal tempo, poñen de manifesto o deixamento por parte do Ministerio de Fomento e do alcalde José Tomé que non
prestaron atención ao lamentable estado desta infraestrutura”

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...