HomePolíticaEstase incumprindo a Directiva de tratamento de augas residuais en Sarria?

Estase incumprindo a Directiva de tratamento de augas residuais en Sarria?

A eurodeputada Lídia Senra vén de informar por escrito á CE dos vertidos contaminantes que se dan na cidade de Sarria por mor do mal funcionamento da depuradora.

Publicado o

- Advertisement -

No día de onte, Lídia Senra presentou en Bruxelas un escrito dirixido á Comisión Europea no que insta ao organismo comunitario a investigar se a actual Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Sarria está incumprindo a Directiva 91/271/CEE sobre tratamento de augas residuais urbanas cos seus continuos vertidos contaminantes ao río. Ante esta situación, pregúntaselle á CE se ten constancia do mal funcionamento desta infraestrutura e se está tomando ou pensa tomar algunha medida ao respecto.

Con este escrito, Senra fai efectivo o compromiso público que se adquirira días atrás cando visitou a zona onde está a EDAR, acompañada por membros de En Marea e dos deputados no Parlamento Galego Luís Villares e Paula Vázquez Verao, así como do deputado no Congreso Miguel Ánxo Fernán-Vello.

“As verteduras ao río Sarria son frecuentes e a contaminación derivada é alarmante, até o punto de que o presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil recoñeceu recentemente que a instalación incumpre os parámetros en canto a vertidos e que pode ser obxecto de sancións da UE”, explica Lídia Senra no seu escrito. Engade, ademais, que os problemas veñen dados en gran medida porque a depuradora non é operativa, non ten capacidade dabondo para dar servizo ao aumento da poboación da cidade e hai filtracións nas canalizacións.

En relación con isto, a europarlamentaria chama a atención á CE sobre o feito de que o caso de Sarria non é unha excepción en Galicia senón todo o contrario, pois problemas semellantes repítense en numerosas localidades galegas nas que a depuración de augas residuais non se está a realizar como se debería. Neste sentido, Senra denuncia que son moitas as EDAR que se constrúen con fondos europeos e que non funcionan correctamente; por iso reclama coñecer que cantidade de diñeiro leva investido a UE no país para o tratamento de augas residuais urbanas a través dos diferentes programas operativos en 2007-2013 e 2014-2020.

A xuízo de Senra non é de recibo que se invistan fondos europeos en instalacións que non cumpren o seu obxectivo e que seguen contaminando as nosas rías e ríos e ve imprescindible que a CE realice un maior seguimento do emprego dos seus fondos e pida contas tanto ao Estado español como á Xunta e aos concellos e organismos responsables para atallar estas situacións.

 

 

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...