HomePolíticaO alcalde de Sarria acusa á oposición de “pretender dinamitar o funcionamento...

O alcalde de Sarria acusa á oposición de “pretender dinamitar o funcionamento da residencia e do concello”

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, carga contra os concelleiros do PP, PSOE e Benjamín Escontrela tras votar na Comisión Especial de Contas en contra da modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, o que, xunto coa abstención do BNG, impedirá aprobar o orzamento no pleno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Claudio Garrido acusou aos oito edís que se opuxeron de “poñer en risco a asistencia aos usuarios da residencia por puro interese partidista e por unha estratexia política rastreira”. “Esta falta de responsabilidade non pode quedar así e ten que ter consecuencias”, advertiu o rexedor local, que acusou aos citados concelleiros de “pretender dinamitar o funcionamento da residencia e do concello sen poñer unha soa alternativa enriba da mesa”.

Garrido pide aos sindicatos e aos principais colectivos afectados que se pronuncien publicamente sobre este “complot político contra o goberno local, que por desgraza van acabar pagando os usuarios da residencia e os traballadores do concello, xa que tamén se está a poñer en risco o proceso de estabilización obrigatorio por lei e a RPT aprobada por todos”.

O rexedor local lembra que a modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos da residencia é froito da “decisión política de implantar un sistema de pago máis xusto socialmente e da decisión administrativa de seguir os pasos indicados nun estudo de viabilidade para incrementar o plantel de traballadoras e mellorar a calidade da atención aos residentes”. “Os votos en contra de PP, PSOE e de Escontrela están a xogar coa vida das persoas porque pensan que lle poden sacar rendemento electoral ao feito de impedir as melloras que o goberno local quere implementar”, asegurou.

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...