HomePolíticaO BNG de Monforte solicita ao pleno a creación de puntos de...

O BNG de Monforte solicita ao pleno a creación de puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro nacionalista, Emilio José Sánchez, considera que este servizo é un compromiso coa sostibilidade e o medio ambiente, que debe asumir o concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os vehículos eléctricos, a diferenza dos de combustión, non xeran emisións de gases contaminantes mentres funcionan, polo que son a mellor opción para respectar o medio ambiente sen restar mobilidade. “A pesar das evidentes vantaxes, e ante o feito de que, en non moitos anos, os vehículos eléctricos serán os únicos que poidan desprazarse polas estradas, desde o grupo de goberno do Concello de Monforte, non ten saído ningunha iniciativa ao respecto”, por iso os nacionalistas instan ao goberno municipal a que impulse a creación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.

A mobilidade eléctrica vai gañando terreo, pouco a pouco, na nosa sociedade, ata o punto de que o goberno do Estado ten deseñado iniciativas que axudan a fomentala. A sinxeleza do vehículo eléctrico é un dos aspectos máis importantes para os condutores, xa que é eficiente para conducir, e de fácil recarga cun cargador de coche eléctrico na casa, ou mesmo nun espazo público, converténdose nunha alternativa sostible, que cada vez vai recortando terreo aos automóbiles tradicionais.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...