HomePolíticaEspertamonforte! celebra a remodelación do pavillón da Pinguela pero asegura que non...

Espertamonforte! celebra a remodelación do pavillón da Pinguela pero asegura que non se solucionan os problemas de falta de horarios

O grupo municipal espertamonforte! asegura defender e apoiar a inversión en mantemento e mellora das instalación públicas do Concello, pero afirman que o principal problema, a escasez de pistas deportivas para dar servizo a todos os clubs.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo EspertaMonforte!, o equipo de goberno aumenta o número de asentos de público en lugar de aumentar os espazos dispoñibles para a práctica deportiva, “de xeito que esta inversión millonaria non servirá para solucionar o principal problema que se atopan a meirande parte dos clubes que empregan esa instalación.”

“A inversión de 4 millóns de euros na reforma total no pavillón da Pinguela non vai solucionar en ningunha medida esta escasez de horarios ao non habilitar máis pistas de adestramento. Estamos ante unha actuación do equipo de goberno que non ten en conta as necesidades dos monfortinos, caracterizado pola súa habitual falta de diálogo, falta de información e falta de planificación que o único que asegura son chamativos titulares nos medios de comunicación pero non serven para mellorar a vida dos nosos veciños”, insisten desde EspertaMonforte. O tema debatirase no pleno desta tarde no concello monfortino.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...