HomePolíticaPodemos A Teixeira pide políticas públicas para favorecer o alugueiro no concello

Podemos A Teixeira pide políticas públicas para favorecer o alugueiro no concello

Mercedes Martínez Modroño, candidata á alcaldía por Podemos asegura que desde hai anos a demanda de vivenda en alugueiro por parte de traballadores dos sectores turístico e vitivinícola, supera á oferta, polo que consideran que solucionar isto "debe ser unha prioridade da política municipal."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello ourensán da Teixeira, pertencente á Ribeira Sacra da provincia de Ourese, é un dos máis despoboados e envellecidos na provincia, pese a que nos últimos anos rexistrou un pequeno aumento da poboación, cun censo actual de 313 persoas.

A promoción turística da zona nos últimos anos fixo que aumentase a demanda de vivendas para uso turístico, “sen que exista unha política pública que asegure que se rehabilitan casas baleiras e se adiquen ao alugueiro. As posibilidades son mínimas, incluso para persoas que viven na zona desde hai anos. A posibilidade de mercar unha casa antiga e rehabilitala é unha boa opción para segundas residencias, pero non para persoas traballadoras que non saben se quedarán na zona.”

O Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, entidade que xestiona os fondos europeos na zona, tiña convocada unha liña de axudas financiando ata o 90 % a compra e rehabilitación de vivenda, por parte de entidades locais, para dedicalas a vivenda social en réxime de alugueiro. O prazo finalizou o pasado 30 de xaneiro e a pesar do escrito presentado no concello por Podemos para participar nesta convocatoria, lamentan que desde a admistración local non se aproveitara esta oportunidade.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...