HomePolíticaEsperta Monforte interésase pola reforma do polideportivo da Pinguela despois de negarlles...

Esperta Monforte interésase pola reforma do polideportivo da Pinguela despois de negarlles xuntanza co concelleiro de deportes

Despois do anuncio do equipo de goberno para mellorar o polideportivo da Pinguela, Esperta Monforte solicitou un encontro co concelleiro de deportes para afondar nesta obra, desde o concello comunicaron que o responsable desta obra é o alcalde e que en todo caso, a opoisición ten toda a información do proxecto, negándolles a reunión solicitada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pregúntanse desde Esperta Monforte cales son as competencias do concelleiro de deportes, “se as relativas ao ámbito deportivo as asume o alcalde.” As preguntas que Esperta Monforte quere plantexar son:

  • Por que se fai un investimento de catro millóns de euros nunha reforma dunha instalación deportiva que non aumenta a funcionalidade ao anon habilitar máis pistas de xogo?
  • Despois de investir 4 millóns de euros os clubs teñen que seguir dependendo das instalacións da Consellería para os seus adestramentos?
  • Despois de agardar 40 anos por esta reforma imos hipotecar outros 40 anos sen pistas por facer unha reforma sen planificación previa?
  • Considera o equipo de goberno máis prioritario este investimento que o de aumentar as prazas da gradaría municipal?

Segundo Esperta Monforte no proxecto non se aumenta a altura do Pavillón o que impedirá organizar competicións como o volei e preguntan se o equipo de goberno é consciente desta limitación. Preguntan tamén se se van instalar placas solares, por que as obras comezarán en abril cos clubs a piques que rematar as tempadas e se lles parece realista ter rematada a obra para finais de setembro?

Esperta Monforte insiste na falta de diálogo por parte do equipo de goberno ao negarlles a celebración da xuntanza para abordar estes asuntos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...