HomePolíticaCarme Aira, confía nun cambio no concello do Incio como canditata do...

Carme Aira, confía nun cambio no concello do Incio como canditata do BNG á Alcaldía

A deputada por Lugo do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento galego, Carme Aira, será a candidata da formación nacionalista para as vindeiras eleccións municipais de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Carme Aira foi elixida por unanimidade pola asemblea local do BNG, “Temos proxecto para avanzar e abrir un tempo novo no concello, por isto, somos a única alternativa que confía nas capacidades para poder desenvolver proxectos que melloren a vida da veciñanza e frear a despoboación” declarou Carme Aira.

“Doulles ás grazas aos compañeiros e compañeiras por ter a honra de poder encabezar este proxecto, no que imos  poñer todo o empeño en desenvolver un proxecto de futuro” e engadiu “o noso obxectivo  é satisfacer co maior benestar á veciñanza, con servizos acaídos ao rural, apostar por un sector primario de futuro, por isto, estou  convencida de que é o momento de que produza un cambio co BNG ao fronte”, asegurou a candidata.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...