HomePolíticaInvestimento millonario para saneamento en Monforte

Investimento millonario para saneamento en Monforte

O pasado sábado, 25 de febreiro, o rexedor monfortino presentaba aos medios un Proxecto Construtivo de melloras na rede de saneamento cun investimento superior aos 2 millóns de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Presentada en Monforte a II Fase do proxecto de melloras na rede de saneamento de Monforte de Lemos con actuacións na Praza da Compañía, na Rúa Carude, no Colector Malloadas e nas rúas Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Dr. Casares e na prolongación de Xoán Montes. O proxecto construtivo contempla un investimento de máis de 2 millóns de euros, concretamente, 2.003.073,88.

“Monforte está e segue en racha, unha racha moi positiva que está permitindo unha mellora integral da cidade e do conxunto do Concello, con investimentos moi importantes que nunca se produciran en Monforte nun período  tan curto de tempo”, afirmaba o alcalde José Tomé Roca na presentación aos medios.

A intención é aprobar este plan de melloras no Pleno do Concello do vindeiro luns, día 27 de febreiro, para que se liciten as obras que está previsto que comecen na segunda metade do presente ano, xa que tal e como explicou Tomé “hoxe podemos dicir, que acabamos os trámites administrativos e estudos técnicos e pasamos á fase das obras físicas”.

Poñéndose en antecedentes comentouse na rolda de prensa que con data de 29 de xuño de 2020, aprobárase un convenio entre a CHMS e o Concello de Monforte de Lemos, para financiar a redacción dun estudo de alternativas para a mellora integral do saneamento e depuración da rede de Monforte e tamén para financiar a II Fase das obras de mellora de saneamento urbano.

O importe total do convenio era de 2.400.000 €, achegando a Confederación Hidrográfica Miño-Sil o 80% e o Concello o 20%. Deste montante, 400.000 estaban destinados a facer un estudo integral da rede de saneamento, e que xa está rematado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Froito dos resultados dese estudo, surxe o proxecto presentado.

O plan de actuacións incluirá a reparación do colector de Malloadas, a limpeza e reparación do interceptor na zona dos Escolapios, mellora das condicións de desaugue da zona do Parque dos Condes, actuacións nas rúas Dr Casares, Rosalía de Castro e Concepción Arenal ademais da reparación de pozos na prolongación da rúa Juan Montes.

COMPROMISO COA MELLORA DE SANEAMENTO DA CIDADE

O rexedor monfortino aproveitou tamén para remarcar que nestes tres últimos anos, o investiento total na rede de subministro de auga é de case 4.000.000 € o que demostra que se está a facer un gran esforzo por corrixir os problemas de saneamento da cidade que se veñen sufrindo dende fai moitos anos.

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para reconversión da viña

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 25 de abril. Os...

Inscricións abertas na Formación Universitaria gratuíta para maiores que se desenvolverá en Chantada en xuño

As 3 actividades formativas que se desenvolverán en Chantada no mes de xuño serán...

O PP de Monforte solicita que se habiliten aseos públicos na cidade para evitar “condutas incívicas”

A voceira popular, Katy Varela, sinala que se debería de poñer en marcha esta...