HomePolíticaO BNG leva ao Parlamento o "enlodamento" do Cabe en Monforte e...

O BNG leva ao Parlamento o “enlodamento” do Cabe en Monforte e pide un plan de protección

A deputada do BNG, Carme Aira, reprochou á Xunta o seu "desleixo e pasividade para resolver as graves consecuencias do enlodamento do río en Monforte. Segundo a parlamentaria, "non existe ningunha coordinación entre a Consellería de Medio Ambiente e Medio Rural e culpabilizan do enlodamento do Cabe ao concello de Monforte e á Confederación Hidrográfica Miño- Sil."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Carme Aira insistiu na obriga de Medio Rural de implantar medidas “contra un enlodamento que se produce de maneira habitual ao longo dos anos. Na última década, as diferentes obras nas vías e no corredor provocaron enlodamentos que afectaron a distintas traídas de augas e á vida do propio río.” Aira asegura ter confirmación da afectación do arrastre de cinsas cara o río, “causando asfixia e mortalidade de peixes e prantas acuáticas, debido ao seu carácter alcalino que modifica o PH da auga e prexudica á biodiversidade do seu hábitat.”

Por outra banda, engadiu que o río abastece a vila de Monforte de auga para consumo, “e o enlodamento incrementa o esforzo e o custe da potabilización das súas augas, a potabilizadora aínda logra auga de calidade a costa de horas de traballo e de avarías, pero outros concellos ou parroquias que non contan con eses medios deben pasar sen auga da traída por non lograr baixar a turbidez.”

En opinión da nacionalista, “as técnicas empregadas pola Consellería de Medio Rural para a restauración dos montes tralos sucesivos incendios teñen unha dubidosa intensidade e efectividade, sobre todo, cando a pendente é moi pronunciada.”

“É preocupante que ante situacións que se repiten ciclicamente, a reacción das consellerías de Medio ambiente e Medio rural,  xunto ao concello de Monforte, manteñan unha posición de de absoluta pasividade”, conclúe.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...