HomePolíticaO BNG demanda a Adif informar sobre a mellora no tramo Covas-Monforte

O BNG demanda a Adif informar sobre a mellora no tramo Covas-Monforte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistra iniciativas no Congreso para coñecer o grao de execución e a evolución das obras para a mellora da infraestrutura ferroviaria no tramo Covas-Monforte de Lemos. Queren saber da mellora de desmontes, terrapléns, túneles e obras de drenaxe e de electrificación deste tramo de vía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

ADIF adxudicou, en xaneiro de 2021, un contrato para a redacción do proxecto de mellora de infraestrutura e vía no tramo Covas-Monforte de Lemos por máis de 2 millóns de euros. De facto, en novembro de 2021 cortábase o tráfico ferroviario de pasaxeiros entre Lugo e Monforte por dous días para mellorar o corredor. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias sinalaba que o obxectivo era modernizar e aumentar a capacidade e fiabilidade da rede ferroviaria de ancho convencional para aumentar o trafico, tanto de pasaxeiros como de mercadorías, e a mellora da calidade no servizo.

“O prazo de execución estipulado por ADIF era de 24 meses, dous anos, e, neste momento, queremos coñecer o estado de execución destas obras. Interésanos saber o horizonte temporal para o remate das obras e a situación das tarefas de electrificación” afirma o deputado do BNG. Néstor Rego demanda ao administrador de infraestruturas informar sobre o estado actual das obras, que actuacións se levaron a cabo e cales faltan por executar. “Contemplábanse actuacións para a mellora de desmontes, terrapléns, pontes, túneles, e obras de drenaxe” lembra.

No corte ao tráfico os días 20 e 21 de novembro de 2021, ADIF aseguraba que acometería as obras de drenaxe, pasos superiores, noiros de trincheiras e túneles -todas relacionadas coa infraestrutura- así como as que permitirían a electrificación da vía no tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, dunha lonxitude de 75 quilómetros.

“Alén do máis, engadíase que entre as principais actuacións previstas estaba a adaptación da infraestrutura ás novas condicións de explotación, o cambio de electrificación de 3kV a 25kV no tramo Ourense-Monforte e a electrificación a 25kV do tramo Monforte-Lugo” engade Rego. Neste punto, o deputado nacionalista quere saber en que estado se atopan as actuacións relativas á electrificación da vía e cando estarán rematadas este tipo de actuacións.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...