HomePolítica"O desvío establecido pola Xunta na LU-651 é intransitable", denuncian os socialistas...

“O desvío establecido pola Xunta na LU-651 é intransitable”, denuncian os socialistas do Courel

“Cando o PP visite nestas eleccións á Montaña Lucense, espero que circulen por este desvío, e ao mesmo tempo, que dean a información pertinente á veciñanza do Courel, e poidan explicarlles con luz e taquígrafos os prazos, os tempos que teñen programados para arranxar a desfeita das estradas autonómicas na comarca. Queremos solucións e non que se rían de nós”, resumiu Carmen Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira do PSdeG no Courel, Carmen Álvarez, considera que a Alcaldesa “abandonou á veciñanza, primeiro votando en contra das propostas aprobadas no pleno da Deputación precisamente para mellorar a estrada máis importante do concello, e despois, dándolle as costas á veciñanza xa que é incapaz de reclamar á Xunta melloras para o Folgoso. Agora é o momento de dar a cara polos veciños, non de agocharse”, incidiu.

Os socialistas queren que o concello reclame á Xunta as melloras comprometidas fai anos nas estradas de montaña, “é unha débeda histórica do PP cos coureleses acondicionar a LU-651”. Nesa liña, sinalou que a estrada entre Seoane e Folgoso do Courel “leva pendente, bloqueada e sen executar dende fai mais dunha década. Aquí están as promesas do PP, nin poden verse, nin poden transitarse”, lamentou.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...