HomePolíticaO PSOE quere gañar a alcaldía de Chantada con Mariano López Nieves

O PSOE quere gañar a alcaldía de Chantada con Mariano López Nieves

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, valorou o “firme compromiso” que demostra López Nieves co futuro do seu concello liderando a candidatura á Alcaldía, co que “dá un paso máis na dedicación e no traballo que leva realizando dende hai moito tempo para favorecer o desenvolvemento social e económico de Chantada e de toda a comarca a través dunha actividade fundamental, como é a agrogandeira”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mariano López Nieves é o candidato do Partido Socialista para gañar a Alcaldía de Chantada. A militancia ratificou ao coñecido sindicalista agrario, cunha longa e recoñecida traxectoria de apoio ao sector primario e ao rural, como candidato socialista ás eleccións municipais do 28 de maio nunha asemblea celebrada o pasado venres, “poñendo en valor o seu profundo coñecemento do municipio, da comarca e do sector primario, que o converten no mellor candidato para liderar un proxecto gañador, con propostas de futuro baseadas no potencial do concello como cabeceira de comarca”.

Mariano López Nieves, de 58 anos, ten unha longa traxectoria vencellada ó sindicalismo agrario. Foi secretario xeral de Unións Agrarias para Monforte e Chantada dende principios dos 90 ata o ano 2010. Logo dunha etapa na que  desempeñou cargos de responsabilidade en Madrid e Santiago, volveu a converterse en responsable de zona do sindicato, sendo elixido no 2016.

Tanto o Secretario Xeral dos socialistas na provincia, como o candidato tiveron palabras de agradecemento para o traballo desenvolvido por Raquel López, que nas eleccións de 2015 e 2019 obtivo “uns moi bos resultados, case que duplicando nese período a porcentaxe de voto socialista, o que nos coloca onde estamos hoxe, con todas as opcións para gañar a alcaldía de Chantada”.

Mariano López Nieves afronta este novo reto con “moita ilusión e con moita forza”, cun “firme compromiso de servizo público” e coa “vontade” de “poñer en valor o potencial de Chantada”. A xuízo do candidato, “un PP que non aposta polo rural non é capaz de aproveitar as oportunidades que ofrece Chantada. Dende o coñecemento das posibilidades económicas do noso municipio, traballarei con todos e todas, como fixen na miña traxectoria sindical, escoitando todas as ideas, e deseñar así para Chantada o futuro que os seus veciños e veciñas merecen. Un futuro que aposte polos servizos públicos, polo impulso da nosa vila, e pola modernización e posta en valor do rural como sinal de identidade e como sector que xera riqueza e emprego, e que fixa poboación no territorio”.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...