HomePolítica"O goberno local de Ribas de Sil asiste de espectador á perda...

“O goberno local de Ribas de Sil asiste de espectador á perda de servizos”, asegura o BNG

Segundo os naionalistas o concello asiste nos últimos anos á perda constante de servizos, e nomean o peche de servizos ferroviarios e bancarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lamentan desde o BNG o peche de servizos bancarios neste municipio e consideran que podía terse evitado, “non hai que esperar ao peche dos servizos para actuar como fan os gobernos locais acomodados”

Aseguran desde o BNG que levan tempo denunciando o illamento do sur de Lugo, “tanto a nivel de servizos bancarios, como de estado da rede viaria e ferroviaria, e inluso a exclusión que supón  para moitas persoas das nosas comarcas a administración telemática.”

No caso dos servizos ferroviarios aseguran, “Este peche, igual que a perda xeral de servizos conta coa complicidade dos gobernos locais, que asumen o despoboamento como natural, xa que nel tamén se basea seguir mantendo o poder local”.

“Sería factible reactivar cun pouco de vontade política de quen goberna en Madrid os servizos ferroviarios e bancarios que lle son esixibles, xa que son estas as mesmas entidades que levaron millóns de euros de todos, coa complicidade do PP e do PSOE, e que teñen que revertirse á poboación. Non se poden privatizar as ganancias e socializar as perdas” din os nacionalistas.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...