HomePolíticaJosé Portela enche na súa presentación como candidado do BNG en Taboada

José Portela enche na súa presentación como candidado do BNG en Taboada

Este pasado sábado pola tarde o salón de actos do cuartel vello de Taboada acolleu a presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O salón de actos encheuse de xente para acompañar e escoitar as propostas de José Portela Gómez-Macías, novo candidato do BNG á alcaldía de Taboada que toma así o relevo do actual concelleiro da formación nacionalista, Xosé Antonio Ledo.

O candidato estivo acompañado polos membros da candidatura, polos deputados no Parlamento de Galicia, Xosé Luís Rivas Cruz ‘Mini’ e Carme Aira Díaz e pola vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro.

Os nacionalistas apostan por un cambio de goberno en Taboada, “para sair da situación de parálise na que se atopa o concello”. Aseguran que hai que tomar medidas para evitar o despoboamento e a perda de servizos, facendo especial fincapé no sector primario e na sanidade, sector no que traballa o candidato. Dinamizar o polígono industrial e incentivar o turismo, como concello da Ribeira Sacra con todas as potencialidades que lle son propias a este territorio, son algunhas das propostas dunha candidatura que louba o traballo das asociacións culturais e comerciais do municipio.

BNG Taboada presentación candidatura / BNG Taboada

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...