HomePolíticaO PP de Monforte lamenta que o concello non ampliara prazas de...

O PP de Monforte lamenta que o concello non ampliara prazas de Educación Infantil coas axudas da Xunta

Os populares de Monforte din non entender que o concello propoña un acordo plenario para instar á Xunta a poñer en marcha unha escola infantil pública, "cando o propio Goberno municipal perdeu a oportunidade de solicitar investimento habilitado polo Goberno galego para reforzar o centro municipal de atención educativa infantil ou crear un novo centro."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz popular, Katy Varela, indica que “a Xunta de Galicia puxo á disposicións dos concellos máis de 30 millóns de euros para que se acolleran a unha axuda para aumentar as prazas de 0-3 na escola infantil municipal ou para crear un novo centro e o Concello de Monforte non solicitou nada para unha posible ampliación da escola infantil municipal”.

Os populares pregúntanse “por que, se existe esa demanda de prazas, o Concello de Monforte non fixo absolutamente nada. A inacción do goberno local monfortino non se entende porque por outros concellos da contorna, como o de Sober, si se solicitou a axuda e creará 20 novas prazas”. Queren saber tamén por que despois do peche da escola infantil de San Vicente de Paúl, “e sabendo o Concello da necesidade de prazas no municipio, o goberno monfortino non optou por solicitar o financiamento da Xunta.”

Os populares destacan que o Goberno galego destina máis de 55 millóns de euros a que máis de 31.000 familias de Galicia leven gratis aos seus fillos a unha escola infantil. Isto permite un aforro dunha media duns 2.000 de euros ao ano por fillo, e xusto nun momento no que se está a producir un incremento considerable dos custes da vida.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...