HomePolíticaOs populares de Ribas de Sil quéixanse "do abandono" do parque de...

Os populares de Ribas de Sil quéixanse “do abandono” do parque de bicicletas de San Clodio

O PP de Ribas de Sil sinala “a situación de abandono” do parque para bicicletas de San Clodio como “unha mostra do desinterese do goberno local socialista pola conservación das instalacións do noso concello e por ofrecer actividades e infraestruturas dirixidas á xente nova”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato popular á alcaldía, Jose Rodríguez, explica que “dende que se construíu -nunha zona próxima ao polideportivo e ao colexio- non recibiu ningún tipo de atención nin de mantemento” e, polo tanto, “agora atópase en moi malas condicións”. De feito, “supón un risco para os usuarios: parte da madeira está en mal estado, hai táboas soltas ou rotas e puntas e cravos saíntes”.

Rodríguez sinala que “de pouco serve construír infraestruturas se non hai intención de conservalas en bo estado para que os veciños e veciñas podan facer uso delas en condicións de seguridade. Ou para que, como pode ser neste caso ao tratarse dunha infraestrutura pouco común na zona, sirvan de reclamo para visitantes -tras ser debidamente promocionada- contribuíndo tamén a dar actividade a San Clodio, ao comercio e á hostalería local”.

Nese sentido, o popular aposta por “un plan de conservación das instalacións municipais ao longo dos anos e por manter bo contacto coas outras administracións para que a información que poda ter o Concello como administración máis próxima aos veciños, chegue ao resto de administracións nos casos de infraestruturas que sexan competencia doutra”.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...