HomePolíticaRoi Rigueira: "Está en xogo o benestar e o futuro da nosa...

Roi Rigueira: “Está en xogo o benestar e o futuro da nosa xente, non pode seguir no goberno municipal quen deixa morrer a Taboada”

Os socialistas de Taboada presentaron esta semana a candidatura ás eleccións municipais, liderada por Roi Rigueira. Ao encontro asistiu a Secretaria de Organización do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, ademais da deputada no Congreso Ana Prieto, entre outros representantes institucionais do partido, alcaldes, concelleiros, militantes e simpatizantes do municipio e da comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Roi Rigueira presentouse por primeira vez á Alcaldía de Taboada nas pasadas eleccións e estivo a 14 votos de poder gañar, “Por iso, agora tras este intenso traballo nestes últimos catro anos en Taboada, percorrendo as parroquias e atendendo as demandas da veciñanza, verán os seus froitos cun excelente resultado electoral”, sinalaba García Porto.

A dirixente socialista dixo que “Taboada debe ter un cambio de rumbo político liderado por Roi Rigueira e todo o seu equipo, para que promovan políticas progresistas que contribúan a sacar a este concello da parálise na que se atopa actualmente, e para convertelo nun concello próspero, moderno, que fortaleza o tecido produtivo, que apoie ao medio rural e preserve a súa riqueza natural. Unha Taboada de oportunidades para a xente máis nova e de dignidade para os maiores”.

O candidato agradeceu o apoio que está percibindo da veciñanza: “Sei que temos un camiño duro por percorrer, pero acompáñanme as mellores persoas. Son homes e mulleres transparentes e sen intereses persoais, de diferentes parroquias, idades, profesións e puntos de vista, pero cun nexo en común que nos une, Taboada. Nacemos e vivimos aquí e todo o que temos está aquí”.

Rigueira considera que “Taboada está vivindo unha situación moi difícil, con éxodo rural e un alarmante descenso de poboación, subdesenvolvemento industrial que impide a creación de postos de traballo e fixar poboación e unha perda paulatina e progresiva de servizos, o mal estado das infraestruturas rurais, o esquecemento das nosas aldeas, a perda de valor das nosas propiedades e, o peor de todo, a nula intención do Alcalde e do equipo de goberno para que isto cambie”. 

“Por todo isto, creo que o cambio á fronte do goberno de Taboada é máis necesario ca nunca. Porque está en xogo o benestar e o futuro da nosa xente, e estou firmemente convencido de que quen leva tantos anos deixando morrer a Taboada non pode seguir nin un día máis no Goberno municipal”, incidiu o candidato socialista.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...