HomePolíticaDecálogo para un rural galego habitado e habitable, iniciativa do IGV para...

Decálogo para un rural galego habitado e habitable, iniciativa do IGV para garantir un futuro digno nas comarcas interiores

A través das distintas candidaturas que concorrerán en concellos da provincia de Ourense e Lugo nas eleccións locais do 28 de maio, IGV defenderá, como eixos estruturais, medidas que garantan os mesmos dereitos independientemente de onde se vive.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proximidade dos servizos básicos, garantindo que non haxa máis de media hora de desprazamento ata estes, ou unha fiscalidade rural que dinamice os territorios con alto grao de avellentamento, con bonificacións na Seguridade Social das pequenas empresas, son puntos en común que levarán ás institucións.

Poñendo o foco en que o rural vivo é esencial para a alimentación da Humanidade e no contexto de cambio climático, IGV defenderá que dende as administracións locais se poden impulsar políticas de apoio á produción agraria e gandeira de proximidade e dos mercados locais. Apostan por un canón enerxético para concellos e persoas propietarias e por unha xeración distribuída que afonde nun modelo descentralizado e máis sustentable.

IGV considera esencial un cambio do modelo e atención ás persoas maiores e dependentes, apostando por un aumento das horas do Servizo de Axuda no Fogar, público e con boas condicións laborais, e servizos de proximidade, así como por un modelo residencial micro no medio rural e baseado nunha atención centrada na persoa. Piden para os concellos rurais un rol protagonista na dotación de vivenda pública e na defensa da Sanidade pública e gratuíta, propoñendo que se extendan servizos como a Fisioterapia ou a Saúde bucodental, e defendendo unha cobertura digna de pediatría no interior galego.

Desde Interior Galego Vivo aseguran querer “concellos activos na defensa dos dereitos da cidadanía e do futuro da vida no interior galego, en lugar de administracións pasivas que se adican a xestionar as migallas e facer propaganda namentres seguimos a perder poboación.”

10 medidas fundamentais para un medio rural galego HABITADO e HABITABLE:

  • 30 minutos como máximo de desprazamento en coche a calquera servizo básico: sanitario, social ou educativo. 30 quilómetros ata unha vía de alta capacidade ou ferroviaria. Remate da autovia Lugo-Ourense, remate da autovía Celanova-Portugal e posta en marcha da vía rápida Valdeorras-Ourense. Posta en funcionamento da rede viaria rexional adaptada en horarios ás necesidades laborais e vitais da cidadanía. Adaptación horaria do transporte público por estrada aos horarios e ás necesidades laborais e vitais da cidadanía. Actualización das medidas de seguridade e sinalización nas estradas do rural.
  • Impulso da produción agraria e gandeira de proximidade e dos mercados locais. Aposta decida por parte das administracións públicas no consumo de alimentos producidos no país (km 0) en extensivo e dando prioridade á produción ecolóxica. Establecemento dun prezo xusto para os produtos agrícolas e establecemento de prezos mínimos baixo os cales non se poden vender. PAC xusta e equilibrada de impulso os/as pequenos produtores/as. Implementar servizos de información, busqueda, asessoramento e tramitación de axudas de xeito gratuíto. Cambiar a linguaxe administrativa para que sexa máis asequíbel, accesíbel e entendíbel para a cidadanía do rural.
  • Fiscalidade rural das provincias de Lugo, Ourense pola aplicación de medidas fiscais que permite o Tratado de Funcionamento da Unión Europea para territorios periféricos con elevadísimo envellecemento, demotanasia e dispersión poboacional. E bonificacións na seguridade social
    para aquelas empresas situadas no medio rural.
  • Cambio do modelo e atención ás persoas maiores e dependentes, apostando por un aumento das horas do servizo de axuda no fogar, servizos de proximidade e por un modelo residencial micro no medio rural e baseado nunha atención centrada na persoa. Así mesmo, mellora das condición
    laborais das persoas traballadoras.
  • Compatibilizar as instalacións de enerxía renovable coa xeración de emprego e o respeto a paisaxe así como evitar macroproxectos empresariais depredadores do medio, apostamos por un canón enerxético para concellos e persoas propietarias e por unha xeración distribuída que afonde nun modelo descentralizado e máis sustentable.
  • Garantir en todos os concellos do rural unha programación estábel anual de concertos, obras de teatro, proxeccións de cinema, recitais poéticos, exposicións… achegando a cultura á poboación do rural.
  • Garantir que a atención sanitaria no medio rural cumpra cos estándares de calidade axeitados, dotándoa de recursos materiais e persoais, con especial incidencia na especialidade de pediátrica. Pular polo impulso dun programa piloto de saúde bucodental universal e gratuíto para as provincias de Lugo e Ourense que permita avaliar o impacto positivo destas medidas na saúde en xeral. Pular pola dotación da especialidade de Fisioterapia nos centros de saúde do rural.
  • Impulso dun parque de vivendas público nos concellos rurais, mobilización da vivenda baleira en mans das administracións públicas para ser ofertada en aluguer social e medidas específicas para o fomento da mobilización da vivenda privada. Medidas de apoio o alugueiro e reforma da vivenda habitual no medio rural para a xente moza e supresión do imposto de Transición Patrimonial para a adquisición de primeira vivenda. Simplificación da burocracia e dos tempos para a regularización das vivendas do medio rural e das innumerables alteracións catastrais.
  • Horarios escolares que respondan a necesidades educativas e non ós intereses das empresas de transporte. Dotación económica especial para Ceips, Cpis e Ies do rural destinados a garantir un número mínimo de saídas e actividades extracurriculares. Creación da especialidade de maxisterio rural.
  • Planificación dun Turismo sustentable, con coordinación de todas as administracións e axentes privados, garantindo a preservación dos espazos naturais e medindo a capacidade de carga, o mantemento das infraestruturas básicas, a promoción da calidade e excelencia turísticas e a
    integración desta actividade co tecido económico xeral, conservando e divulgando o Patrimonio e as actividades tradicionais, coma a viticultura ou o souto, como eixos da atracción turística.
Acto de Interior Galego Vivo en Santa Cruz de Viana sábado 15 de abril / IGV

Este decálogo presentouse en Santa Cruz de Viana, parroquia rural de Chantada onde, de xeito moi simbólico, ten a sede o partido Interior Galego Vivo, coa participación dos grupos de Alternativa Veciñal de Antas de Ulla, Por Chantada, Xuntos por Laza, Terras de Portomarín, Agroma Sober, Vilardevós-IGV, C@urel Vivo, Xuntos por Chandrexa, Esperta Monforte, Manzaneda IGV, San Sadurniño IGV e outras agrupacións irmás.

Interior Galego Vivo é unha rede cidadá, con colectivos en múltiplos lugares do interior galego que, a nivel institucional, suma candidaturas nestas eleccións Municipais coa incorporación dos grupos de Portomarín, na provincia de Lugo, e Vilardevós, na de Ourense, que se presentan ás eleccións como Terras de Portomarín e Interior Galego Vivo-Vilardevós, uníndose mediante unha coalición electoral ás candidaturas que xa contan con representación.

ÚLTIMAS

27 de xuño de Portas Abertas no servizo de atención temperá de Quiroga

Dende o Servizo de Atención Temperá tiveron a iniciativa de reunir a todos/as os...

Monforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do 24 ó 28 de xuño

O programa de contidos do Campus contará con sesións de aprendizaxe, masterclass internacional e...

“Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña”, pide Courel Vivo ao pleno

O concello do Incio está situado nunha zona de montaña cunhas intensas características orográficas...

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....