HomePolíticaO PP de Monforte leva a pleno que o concello xestione o...

O PP de Monforte leva a pleno que o concello xestione o Servizo de Axuda no Fogar

O PP de Monforte pretende que o Concello asuma directamente a xestión do Servizo de Axuda no Fogar. Con este obxectivo defenderá unha moción na próxima sesión plenaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xestión do SAF no concello de Monforte está externalizada, a portavoz e candidata popular á alcaldía, Katy Varela; asegura que “é a terceira vez nun ano que se licita o contrato, sempre con polémica, ou ben por non cumprir as subidas salariais requiridas polas empregadas ou por non ser suficiente o importe para as empresas e quedar deserto”.

Varela afirma que na actualidade “hai preto de 130 persoas en lista de espera para recibir o servizo, e a pasividade que mostran o alcalde, o socialista José Tomé, e o seus concelleiros diante deste feito é intolerable”. Os populares queren que o Servizo de Axuda a Domicilio volva ser de xestión directa, “tal e como o era no goberno de Nazario Pin, cunha concellería propia de servizos sociais, ocupada naquel momento por María Carmen Pérez Álvarez”.

Os populares sinalan que “actualmente a Concellería de Servizos Sociais compártese coa de Facenda e Interior e recae na tenente alcalde Gloria Prada, que debe ademais suplir ao alcalde en múltiples ocasións ao estar este fóra moitas veces”. Varela considera que “isto é unha clara mostra do relegados que deixan os servizos sociais en Monforte, como xa sucedeu ao non acollerse á orde de axudas para ampliar o número de prazas da gardería ou non constituír a unida de atención temperá”.

Katy Varela declara: “Desde o PP consideramos que a xestión directa do SAF sen empresas polo medio é o máis adecuado para poder dar un servizo eficiente e para que as empregadas estean satisfeitas no desenvolvemento do seu traballo”.

Os populares consideran que coa xestión directa do servizo conséguese unha maior transparencia, incremento da eficacia e do control dos custos, así como garantir a accesibilidade e mellorar a calidade das prestacións. Cren igualmente, que, coa fórmula que propoñen, “hai máis flexibilidade na toma de decisións, mellora a protección dos dereitos das traballadoras e resulta posible unha formación continuada das mesmas.”

ÚLTIMAS

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...