HomePolíticaOs socialistas da Pobra do Brollón denuncian o mal estado dos accesos...

Os socialistas da Pobra do Brollón denuncian o mal estado dos accesos ás adegas de Vilachá

O PSOE da Pobra do Brollón asegura facerse eco das denuncias e das queixas da veciñanza polo mal estado no que se atopan os accesos ás adegas milenarias de Vilachá de Salvadur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas aseguran que estas construcións tradicionais cuxa finalidade é a conservación do viño están nun entorno “completamente abandonado, os camiños completamente embarrados sen poder transitar por eles, nin andando nin en coche, dando unha imaxe penosa e de abandono moi lamentable do noso concello”.

O candidato socialista á alcaldía, Adolfo Rubio Pascual, sinala que “non entende o estado de abandono por parte do Concello no mantemento e roza destas zonas turísticas tan concorridas, nas que ademais se promoven visitas guiadas”.

Denuncian que o Concello impulse o turismo e non o acompañe doutras medidas de mantemento e conservación do seu entorno natural. “Cremos que para potenciar o turismo hai que coidar primeiro o gran patrimonio do noso municipio. A nosa candidatura promoverá un turismo sostible, capaz de dinamizar a nosa economía e poñer en valor o noso rico patrimonio cultural. Executaremos un plan de mantemento e conservación das rutas turísticas da nosa vila, xunto co adecentamento das pistas a través das diferentes axudas para investimentos”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...