HomePolíticaOperación especulativa no corazón da vila de Chantada?

Operación especulativa no corazón da vila de Chantada?

Neste tempo na corporación, Por Chantada ten esixido solucións ao que califican de "mamotreto da praza de Santa Ana, que supón o súmmum do canibalismo urbanístico e que con total impunidade foi desfigurando a vila nos sucesivos mandatos do actual rexedor." .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O solar coa edificación ilegal pertenceu ao SAREB, logo a Vialmar e agora a unha construtora local. Contaba coa licenza condicionada a unha urbanización que dese saída desde Santa Ana ata o Pavillón municipal e que nunca se cumpriu. Segundo Por Chantada, “agora, o goberno do PP pretendía aprobar un proxecto de Vialmar do ano 2008 sen adaptar á Lei do Solo de Galicia (LSG). Parece unha cacicada de manual aproveitando que a campaña eleitoral distrae á cidadanía dos acordos adoptados polo goberno local».

Por Chantada – Interior Galego Vivo asegura que “se trata dunha actuación escandalosa e totalmente irregular, xa que non pode xustificarse prorrogar unha licenza que ten 18 anos e para unha edificación que legalmente nunca contou con licenza ao estar esta sometida a condicionantes que nunca se cumpriron e ao recaer sobre a construción un expediente de reposición da legalidade que, en última instancia, asinou a Xunta de Goberno Local presidida por este mesmo alcalde.

Praza de Santa Ana ca. 1960 / Facebook

Lembran desde Por Chantada que “o Goberno tentou traer a pleno a urbanización para amparar a licenza do edificio, mais finalmente retirouna após a solicitude dun informe de secretaria, impulsada polo noso grupo municipal e co apoio do PSOE, sobre a legalidade do asunto.”

Por Chantada asegura que “o goberno local obvia que o 9 de abril de 2015 a Xunta de Goberno ordenou o derribo de todo o construído no solar, mais un recurso xudicial da SAREB paralizou a orde e o actual alcalde nunca litigou amparándose en que había un comprador e desouvindo a recomendación dun informe dos servizos xurídicos da Deputación de Lugo que indicaba que o Concello non seguiu o procedemento que debía: «si el Concello entiende que el edificio (…), a medio hacer, carece de licencia y además representa un peligro para la seguridad de las personas, lo que debió incoar fue un expediente de reposición de la legalidad urbanística, y en su tramitación optar por alguna de las soluciones a las que se refería el art. 209.3 LOUGA, tal como por otra parte, insistimos, claramente ya se pronunciaba el técnico municipal en su informe de 12 de mayo del 2014”.

Para Amtón Fente, candidato de Por Chantada “resulta difícil pretender que a viciñanza trague co feito de que un mesmo alcalde vira perigo para as persoas e ilegalidade en 2015 e agora intente aprobar a urbanización sen informes xurídicos”. Alertan de que o PP “pode pretender traer antes do 28 de maio este asunto novamente ao Pleno para tentar pola porta de atrás dar verniz de legalidade a algo que mostra ás claras porque é tan necesario un cambio en Chantada.”

ÚLTIMAS

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...

‘Foliada Guímara’ en Pacios da Veiga

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa que impulsa o Concello da Pobra do Brollón...

12 creacións e 3 participantes nas coplas para celebrar ‘Os maios’ en Monforte

O pasado mércores 7 de maio celebrouse en Monforte unha nova edición do Concurso...

O PP critica “os 18 anos de abandono” de Augas Mestas

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno popular, tiña como...