HomePolíticaO PP critica "os 18 anos de abandono" de Augas Mestas

O PP critica “os 18 anos de abandono” de Augas Mestas

Os deputados populares Antonio Ameijide, Luis Fernández e Héctor Corujo visitaron o complexo turístico de Augas Mestas, no concello de Quiroga, e amosaron “o súa tristura e impotencia” ao ver como “a nula intención” de PSOE e BNG na Deputación de Lugo “por impulsar e poñer en marcha estas instalacións que poderían e deberían de ser un referente turístico na provincia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno popular, tiña como obxectivo dinamizar o turismo na Ribeira Sacra poñendo en servizo unha área máis a disposición dos turistas que chegan á provincia, “pero dende que o PSOE e o BNG chegaron ao goberno da Deputación ningunha das dúas formacións tivo interese en poñelo en marcha, como certifica que baixo o seu mandato nunca abriron as súas portas”.

O complexo de Augas Mestas conta cunha de bungalows, zona aberta para a acampada de autocaravanas ou tendas, varios edificios que serían os aseos e duchas, así como a recepción e un restaurante, dúas piscinas, unha para adultos e outra para nenos, varias casas de pedra, na zona exterior do recinto, diferenciadas dos bungalows e pantalán de acceso ao río para embarcacións.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que “con 100.000€ é imposible dar a estas instalacións toda a importancia que merecen” xa que “tras 18 anos de abandono por parte de PSOE precísase un compromiso moito maior” para recuperar e poñer en valor esta zona que “debe ser un referente turístico no sur da provincia”.

“A realidade é que o complexo de Augas Mestas podería converterse nun referente turístico na Ribeira Sacra pero nin PSOE nin BNG teñen interese por mellorar a economía desta zona da provincia, xa que coa posta en marcha destas instalacións xeraríanse numerosos postos de traballo na zona sur, tanto directos como indirectos”, conclúen desde o PP.

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...