HomePolíticaCaurel Vivo presenta a súa candidatura para "mellorar e medrar como concello"

Caurel Vivo presenta a súa candidatura para “mellorar e medrar como concello”

"Desde C@urel Vivo traballaremos nunhas medidas concretas para mellorar a vida da veciñanza aplicándoas a partir de xuño desde o goberno", afirma o candidato, Óscar Carrete.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A candidatura de C@urel Vivo para estas eleccións municipais está formada por “xente diversa e loitadora, honrada e comprometida coa nosa terra.”

“Desde a nosa candidatura, imos traballar por un Courel con mellores servizos, con máis oportunidades e máis sostible, no que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos. Contamos con toda esa veciñanza que ve as carencias e a falta de sentido común actual; para facer realidade este proxecto cheo de ilusión e ideas que nos permitan mellorar e medrar como concello”, aseguran.

A candidatura con novas incorporacións compóñena:

  • Óscar Carrete Lage
  • Teo Chousa Arza
  • María Ángeles Pose Vilares
  • Sonia Vila Visuña
  • Juan Carlos López López
  • María Pilar Veiga Rodríguez
  • Javier Campo Vergara

Contando como suplentes con: Alba María Aira Touzón, Jesús Raposo Gallego, Neves Arza Arza, Susana Costa Castro, Manuel Rodríguez Carrete e Antonio Álvarez Visuña.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...