HomePolíticaO BNG de Monforte presenta a súa lista para as municipais "coa...

O BNG de Monforte presenta a súa lista para as municipais “coa que superar a actual política de festas e asfalto”

O BNG de Monforte de Lemos vén de presentar a súa candidatura para as eleccións municipais 2023, na casa da cultura Lois Pereiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidado á alcaldía, Emilio José Sánchez Iglesias, asegura que “todos estamos representados nesta candidatura, reflexo da nosa sociedade, viva e dinámica.” Acompañando ao candidato aparecen persoas que traballan no eido sanitario, no deporte ou no activismo social. Traballadores autónomos, profesores e sindicalistas.

“Xente moza, con novas ideas, e compañeir@s con gran experiencia na xestión municipal. Mulleres e
homes que cren en Monforte e nas súas posibilidades. Sen máis compromiso que o de estar dispostos a traballar para o noso Concello. Coa inquietude e o obxectivo de superar a actual política de festas e asfalto. Unha política inerte que en nada beneficia ao avance do noso municipio,” afirma Emilio Sánchez.

Integran a candidatura:

  • Emilio José Sánchez Iglesias (Aux Técnico administrativo. Autónomo sector granito)
  • Manuel Lupaces Fernández (Traballador da Asociación Prodeme)
  • Lucía Rodríguez Rodríguez (Técnica deportiva e en atención á dependencia)
  • Candela López Piñeiro (Licenciada en Belas Artes e Diseñadora gráfica)
  • Rosa Ana Somoza Vila (Pensionista. A. C. de Rioseco)
  • Iván Antonio Álvarez Merayo (Arqueólogo e Guía de montaña)
  • Dolores López Chaos (Traballadora do Servizo de Axuda no Fogar)
  • Martín Díaz López (Traballador en seguridade privada)
  • María Magdalena Santos Rivera (Traballadora do Servizo de Axuda no Fogar)
  • Ramón Rodríguez Vázquez (Presidente A.C. Castelao e Copropietario de comercio)
  • Noemi Boán Vidueira (Educadora Social)
  • Javier Fouces Fernández (Estudante de Ciencias políticas e Administración pública)
  • Dileiny Cruz Taveras (Traballador da Asociación PRODEME)
  • Alan Damián Rodríguez Martino (Politólogo)
  • Consuelo Díaz González (Axudante de cociña)
  • Xosé Lois Cortés Gómez (Xubilado da banca)
  • Estrella Dolores Formoso Lago (Comercial xubilada)

Complétase tendo como suplentes a Julio José Conde López (Investigador USC), María Luisa López Diéguez (Xubilada de comercio), José Luis Losada Somoza (Ferroviario xubilado), Monserrat Díaz Campo (T.E.L. no Hospital de Monforte).

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...