HomePolíticaO PSOE de Sober presenta unha candidatura "para construír un concello con...

O PSOE de Sober presenta unha candidatura “para construír un concello con perspectivas de futuro”

Os socialistas de Sober celebraron no local social de Rosende o acto de presentación da candidatura ás eleccións municipais, liderada por Eladio Fernández.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, participou nesta presentación, xunto á deputada no Congreso, Ana Prieto e o senador, César Mogo, entre outros responsables orgánicos do partido, ademais de militantes e veciñas/os.

José Tomé destacou da candidatura, “ter a capacidade para sacar adiante políticas útiles para os veciños, escoitando a todos e todas, para crear e mellorar o servizos públicos, e promover iniciativas que favorezan a xeración de riqueza e de emprego”.

Pola súa banda, Eladio Fernández, tamén presidente de Fademga asegurou que se presenta ás eleccións municipais “para facer de Sober un lugar aberto, onde todas e todos os veciños poidan ser partícipes das decisións que se toman no Concello, implicando a tódolos colectivos e a tódalas parroquias con equidade”. Avanzou que unha das primeira medidas que impulsará será aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

No eido turístico, destacou tamén que quere impulsar nos Muíños do Xabrega, ao carón do pantalán dos Chancís, novos recursos como a creación dunha senda peonil. O candidato socialista explicou ademais que nesta nova convocatoria electoral inclúe un grupo persoas, tamén mozas, de nova incorporación na lista do PSdeG, “que están desexando participar na vida política municipal con moitas propostas, para construír un Sober con perspectivas de futuro, onde poidamos vivir e traballar, e no que ademais non perdamos nin un só recurso e sumemos novos proxectos”.

A candidatura socialista de Sober está composta polos seguintes candidatos e candidatas:

  • Eladio Fernández Pérez
  • Santiago Pérez Rodríguez
  • Venancio Pérez Pérez
  • Ángel Díaz Borges
  • Ángel Rodríguez Fernández
  • María Victoria Fernández Pérez
  • Rocío Salgado Macía
  • Ignacio Díaz López
  • Ana María Salgado Macía
  • Manuel Díaz Soto
  • Carmen Gallego Franco

Suplente: Silverio Martínez Gómez

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...