HomePolíticaA candidatura do BNG de Quiroga, "experiencia e renovación para chegar á...

A candidatura do BNG de Quiroga, “experiencia e renovación para chegar á alcaldía”

Respecto da candidatura do 2019, seis son as caras novas que entran na lista do BNG para as municipais do 28 de maio: Anais González, Rubén Figueroa, Yolanda López, José Adrián González, Francisco Javier Carbón e Zeltia Mateo. "Xente nova, formada, traballadora e comprometida con Quiroga para afrontar un novo tempo con políticas que superen as desfeitas da dereita e o paso de Julio Álvarez polo concello", sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Repite como aspirante a alcalde polo BNG, Xosé Manuel Fernández, concelleiro que presentou oposición estes catro anos “con consistencia, perseverancia, rigor, compromiso e gran capacidade de traballo. Unha experiencia que lle permitiu tamén estar máis preto dos problemas do día a día e coñecer mellor as engranaxes municipais.”

Os nacionalistas insiten “nas posibilidades que ofrece o novo escenario político quirogués. Un panorama que presenta unha nova forza pola dereita, Independientes Por Quiroga, e a ausencia de Julio Álvarez na lista do PP. Ademais, nestes dous casos ningún dos candidatos ten experiencia previa como alcalde…”

O primeiro acto de campaña que anuncia a formación nacionalista será o 12 de maio na casa da cultura de Quiroga ás 20:30 h. Presentarase ao candidato á alcaldía, ao resto da candidatura e farase avance do programa electoral. Contarán coa presenza de Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento Europeo onde forma parte do grupo parlamentario Alianza Libre Europea-Los Verdes, e de Carmen Aira, deputada por Lugo do BNG no Parlamento Galego.

Candidatura do BNG de Quiroga:

  • Xosé Manuel Fernández Montes (Licenciado en Dereito, Especialista en Propiedade Intelectual e Representante de Artistas. Presidente da Asociación Boca do Monte)
  • Anais González Álvarez (Mestre de Educación Infantil)
  • Álvaro Rodríguez González (Autónomo dedicado á viticultura)
  • Yolanda Montenegro López (Delineante e Técnica en Prevención de Riscos Laborais. Traballa nun estudio de Enxeñería)
  • Rubén Figueroa López (Pensionista, agricultor e apicultor)
  • Manuel Álvarez Fernández (Mestre de matemáticas xubilado. Foi Director do IES de Quiroga)
  • Yolanda López López (Traballadora en empresa de automoción e sindicalista)
  • José Adrián González Álvarez (Autónomo no eido dos traballos forestais)
  • Francisco Javier Carbón López (Administrativo e responsable de calidade nunha canteira)
  • Iria Rodríguez Macía (Filóloga pola USC e autónoma no eido da hostalería)
  • María Carmen Santos Rivera (Estudou Química e traballa na casa)

Como suplentes están: Xosé Estévez Rodríguez (Historiador e mestre xubilado de Universidade), Zeltia Mateo Álvarez (Peiteadora, esteticista e maquilladora autónoma), Xesús López Rodríguez (Soldador xubilado).

ÚLTIMAS

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...