HomePolíticaEscontrela: "Fronte ao ruído e ao insulto apostamos pola política útil", na...

Escontrela: “Fronte ao ruído e ao insulto apostamos pola política útil”, na presentación da candidatura socialista en Sarria

Os socialistas de Sarria presentaban no hotel Alfonso IX a candidatura ás eleccións municipais, liderada por Benjamín Escontrela Díaz. Participaron o secretario xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, e a Deputada no Parlamento de Galicia, Patricia Otero, entre outros responsables orgánicos do partido, ademais de militantes e simpatizantes, e veciños e veciñas da localidade e da comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a presentación, José Tomé asegurou que “ábrese unha nova etapa cun candidato e unha candidatura gañadoras, co mellor proxecto de futuro para Sarria, para todos os veciños. Con capacidade para poñer fin a estes anos de desastre, de esperpento, de líos, de manipulación, de nula xestión e de incapacidade para afrontar os problemas do municipio”. Lembrou que a Deputación financiou a actuación realizada na Ponte Ribeira a través dun convenio co Concello e afirmou ter aportado neste mandato un total de 4M€ de investimento ao municipio. Agradeceu a Escontrela “o traballo en defensa dos veciños para corrixir a inxustiza que se fixo co IBI en Sarria, co consentimento do actual alcalde, que foi incapaz de solicitar a devolución. Unha situación ante a que, de oficio, a Presidencia da Deputación ordenou a devolución, que comezará a efectuar a vindeira semana”.

Pola súa banda, o candidato socialista, Benjamín Escontrela, asegurou que “fronte ao ruído e ao insulto, o PSdeG aposta pola política útil. Afrontamos este novo reto con enerxía, con ilusión e con moitas ganas de traballar por Sarria coa única prioridade de mellorar a vida de todos os sarriaos, especialmente a dos máis vulnerables”.

Benjamín Escontrela marca prioridades no eido urbanístico como humanizar o espazo do campo do río a través dun Plan Especial de Reforma Interior; a rehabilitación e mantemento do patrimonio histórico; conseguir a titularidade do edificio do antigo ambulatorio e a súa rehabilitación; unha solución definitiva para a Ponte Ribeira; e un novo consenso que permita a redacción dun PXOM actualizado, así como desbloquear a execución da segunda fase do Polígono Industrial do Morelle.

Outras propostas son a redacción dun plan xeral de aproveitamento hídrico, coas infraestruturas necesarias para combater as secas; resolver e adxudicar un contrato de recollida de residuos adaptado á nova realidade; e loitar pola restauración integral do muíño do Toleiro. No ámbito deportivo e cultural, plantexa actuacións sobre a Feculeira e un apoio firme do Concello ás diversas asociacións e ós clubs deportivos de Sarria. Tamén un maior impulso ás festas locais, a mellora e actualización do estadio da Ribela e a potenciación da Banda e da Escola de Música, entres outras iniciativas.

“Iniciaremos a construción dun parque infantil cuberto que lles permita ós nosos cativos desfrutar nos meses de inverno, o impulso dun plan de reforma, mellora e actualización dos parques infantís existentes, e a promoción de actividades lúdico-culturais de interese para a poboación moza da vila”, incidiu o candidato, que compromete ampliar e mellorar as prazas da residencia e crear un centro de día integrado.

Outras das liñas de actuación será a de actualizar e mellorar tanto a páxina web do Concello como a sede electrónica, a apertura dunha oficina central de turismo na Casa das Arsenias, o deseño dun plan de guías turísticas actualizado ou a dinamización do matadoiro municipal como referente comarcal, ademais de incentivar os plans de mellora de núcleos rurais para dotalos de todos os servizos urbanísticos.

A candidatura socialista de Sarria está composta polos seguintes candidatos e candidatas:

  • Benjamín Escontrela Díaz
  • José Manuel López Torre
  • Diego López López
  • Fátima Gómez Hermida
  • Helena Josefina Meinhardt Iturbe
  • María Del Carmen Rivero López
  • Yorley Alejandra Petit Espinel
  • Vanessa Virginia Alamancos Torres
  • Manuel Loureiro Díaz
  • Pablo López Barrera
  • Francisco Javier Vázquez Vilares
  • José Manuel García López
  • Olga López Moure
  • Juan Manuel López Jul
  • Ana María Cortiñas Armesto
  • Ana Belén Barreira Rouco
  • Antonio García Osorio

Suplentes: María Violeta Bernardo Vázquez; Margarita López Rodríguez; Zulma Alexandra Ariza Cortés; Luciano Lorenzo Pereiro; José Manuel Pérez Rodríguez; María Luisa López Lebón; e José Luis Parga García.

ÚLTIMAS

Convenio entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Mos

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next vén de asinar un novo convenio para...

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...