HomePolíticaManuel Lorenzo Varela repite como candidato do PP en Chantada, apostando pola...

Manuel Lorenzo Varela repite como candidato do PP en Chantada, apostando pola ampliación do solo industrial

O PP de Chantada mantén na súa candidatura ao núcleo do actual goberno e incorpora mozos e mozas "para avanzar no desenvolvemento do proxecto popular para o municipio".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado o PP de Chantada presentaba a súa candidatura e programa. O candidato a repetir na alcaldía, Manuel Lorenzo Varela, sinalou como un dos obxectivos prioritarios para o próximo mandato a ampliación do solo industrial. Os populares anuncian que se gobernan nos próximos catro anos “quedará totalmente pavimentada en aglomerado asfáltico a rede de estradas do Concello”.

“O novo mandato”, di Manuel Lorenzo Varela, “servirá para rematar a biblioteca e ampliar os espazos administrativos municipais coa rehabilitación do edificio adquirido ao lado da Casa Consistorial.” Aseguran que traballarán para conseguir unha nova zona deportiva, con campo de fútbol e pistas de atletismo

Barreiro apelou na presentación da lista ao voto útil, sinalou “que as papeletas para o PSOE reforzan a Pedro Sánchez e as súas dañinas políticas, que manteñen en total abandono a Chantada, como o demostra o pésimo estado da N-540 e o esquecemento da autovía Lugo-Ourense”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...