InicioPolíticaO PSOE de Quiroga presenta candidatura “para darlle a volta ao...

O PSOE de Quiroga presenta candidatura “para darlle a volta ao concello, con políticas útiles para a veciñanza”

A agrupación socialista de Quiroga presentou na Casa da Cultura da localidade a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, que encabeza Vicente Parra Vizcaíno. O acto contou coa participación do secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca e da Deputada no Congreso Ana Prieto, entre outros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé asegurou estar convencido “da clara oportunidade dos socialistas nas vindeiras eleccións para poñerlle fin a este ciclo político, deixando atrás estes anos de escuridade, de parón, de desastre, de esperpento, e abrir unha nova etapa cun Goberno serio e responsable. O secretario xeral do PSdeG na provincia sinalou que neste mandato, dende a Deputación de Lugo destináronse ó concello de Quiroga practicamente 2,3 millóns de euros, a maior parte para a mellora de accesos, camiños, estradas e rúas, para a ampliación e mellora de servizos como o do cemiterio, de recursos como o Museo Etnográfico e o Museo Xeolóxico, para o Servizo de Axuda no Fogar, para crear emprego, e para actividades culturais e deportivas.

Pola súa banda, Vicente Parra asegurou que se presenta a esta convocatoria electoral “cunha candidatura completamente renovada, unida, que conta con experiencia, con ilusión e con ganas de traballar con eficacia e transparencia. Un Goberno baseado no diálogo e no entendemento, no que todos e todas poidamos opinar e sumar”.

Vicente Parra dixo que “hai que darlle a volta a este concello, con políticas útiles para a veciñanza, escoitando a tódolos colectivos e entidades da nosa vila. Hai que crear e mellorar os servizos públicos, promover iniciativas que favorezan a creación de riqueza e de emprego; e que aproveiten os recursos que temos en Quiroga, que son moitos”. A candidatura socialista en Quiroga asegura apostar polo emprendemento e apoiar a promoción do xeoturismo e dos produtos da zona, ademais de querer colaborar cos centros de ensino.

A candidatura socialista de Quiroga está composta por:

  • Vicente Parra Vizcaíno
  • Antonio Marcos Prieto
  • Miriam Sánchez Balo
  • Yolanda Domínguez Segura
  • María Rodríguez Losada
  • Antonio Pérez Conde
  • Olga Aira Olmo
  • María José Couso López
  • Patricia Quiroga Vázquez
  • Antonio Mejía Fernández
  • Manuel Díaz Álvarez

Suplentes: Maximina Canseco Prieto, Daniel Rodríguez Rodríguez e María Josefa Macía Prieto

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...