O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto ó presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Antonio Quiroga Díaz, participou neste acto, ó que tamén asistiron responsables orgánicos do partido, así como militantes, simpatizantes e veciños do municipio e da comarca.
O líder socialista vaticinou un bo resultado electoral: “Torres máis altas caeron, e as do PP no Saviñao, caerán, seguro. Tirarémolas os socialistas nas urnas o próximo 28 de maio, coa forza do noso traballo, coa forza dos votos”. Lembrou que desde a Deputación destinaran máis de dous millóns e medio de euros a investimentos no municipio, “sobre todo para mellorar estradas municipais, accesos e pistas, estradas provinciais, contratación de persoal, o mantemento do Servizo de Axuda no Fogar e para colectivos veciñais, e actividades culturais e deportivas.”
Pola súa banda, Celeste Rodríguez Pombo dixo sentirse moi orgullo da candidatura que o acompaña nesta cita electoral: “Son 16 persoas, veciñas e veciños do Saviñao, preparados, con experiencia e dispostos a traballar polo futuro da nosa vila e das nosas parroquias. Remexeremos cada recuncho en busca de investimentos empresariais para O Saviñao coa finalidade de fornecer a oferta de emprego. Protexeremos e impulsaremos o noso comercio local e tentaremos dinamizar proxectos ligados ao turismo, á paisaxe e aos produtos locais”. O candidato socialista comprométese así mesmo a “garantir os servizos públicos que melloren a calidade de vida dos máis febles, dos nosos maiores e de quen máis o precisa”.
A candidatura socialista do Saviñao está composta por:
- Celestino Rodríguez Pombo
 - Begoña Vázquez Sánchez
 - Javier Gallardo Fernández
 - Santiago Gómez Rodríguez
 - Judit López Doutón
 - Jenifer Sánchez Gallardo
 - Eduardo López Pérez
 - María Rodríguez López
 - José Manuel López Rodríguez
 - Patricia Rodríguez Alonso
 - Simón Cancelas Fernández
 - Mónica Domínguez Sánchez
 - José Jaime Díaz Novelle
 - Luisa Méndez Rodríguez
 - Carmen María Casas Rodríguez
 - Luis Varela Aguiar
 

                                    