HomePolíticaA candidatura socialista en Triacastela "quere traballar para acadar investimentos e mellorar...

A candidatura socialista en Triacastela “quere traballar para acadar investimentos e mellorar as dotacións públicas”

Os socialistas de Triacastela presentaron no local público Fonte do Lunar a candidatura ás vindeiras eleccións municipais, que encabeza o ex Alcalde Miguel Ángel Fernández. Un encontro no que participaron o Voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e a Deputada no Congreso Ana Prieto, xunto a militantes, simpatizantes, e veciños e veciñas do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Luis Álvarez destacou que o candidato, Miguel Ángel Fernández, “pola súa profesión de veterinario, coñece o concello palmo a palmo e, o máis importante, sabe das necesidades da veciñanza e como aproveitar as oportunidades do municipio para crear riqueza e emprego”.

Miguel Ángel Fernández López xa foi rexedor deste concello e actualmente tamén é concelleiro na corporación municipal. “Queremos traballar para acadar investimentos e mellorar as nosas dotacións públicas. É fundamental  analizar as prioridades do noso concello, para poder dar os servicios que merece a nosa veciñanza”, declarou.

O candidato socialista avanzou que o programa electoral do PSdeG inclúe entre as súas propostas “a construción dun centro de día, o saneamento nas parroquias e a mellora das vías de titularidade municipal”, ademais de “poñer ao día as contas do Concello”.

O candidato destaca que está acompañado nesta cita electoral “dun equipo de veciños e veciñas dispostos a traballar e colaborar para reivindicar A Montaña como un territorio cun sinal de identidade único, do que sentirnos moi orgullosos, e ao mesmo tempo, un lugar no que poidamos realizar o noso proxecto de vida”.

A candidatura socialista de Triacastela está composta polos seguintes candidatos e candidatas:

  • Miguel Ángel Fernández López
  • Mónica Fernández Díaz
  • Óscar Lago Gancedo
  • Fernando Cela Castro
  • Yanira López Cela
  • Manuel Gayo Celeiro
  • Jose López López

Como suplentes aparecen: Carlos Gayo Tourón e Vítor Cela Vázquez.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro comeza actividade a nova Piscina Municipal da Pinguela en Monforte

Este luns, 27 de outubro, é a apertura oficial da Piscina Climatizada Municipal de...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...