HomePolíticaA candidatura socialista en Paradela, "queremos facer un concello próspero con proxectos...

A candidatura socialista en Paradela, “queremos facer un concello próspero con proxectos de vida para a mocidade”

Os socialistas de Paradela presentaron a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais. Encabézaa Iván Castro, “Queremos facer de Paradela un concello próspero, con futuro, que sexa un referente na nosa comarca, e que non sexa noticia precisamente polas saídas de ton do Alcalde”, asegura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación da candidatura fíxose no restaurante Río Loio de Paradela, contando, entre outros, co Delegado do Goberno en Galicia, Jose Ramón Gómez Besteiro, así como militantes e veciñanza. Besteiro salientou que “Iván leva conseguido máis para Paradela que o alcalde, pois pide melloras para o seu concello aínda estando na oposición.”

Iván Castro destacou que “cando nacín, fai case 31 anos, gobernaba no noso concello a mesma persoa que hoxe segue sendo alcalde. Por iso creo que sería moi positivo para Paradela un cambio de ciclo político. Entendemos que é necesario renovar a ilusión cun novo empuxe e con novos aires e, por suposto, con outras formas de gobernar. Temos moitos proxectos para desenvolver e podemos facelo xuntos”.

“Teño unha ilusión tremenda por mellorar o noso pobo e conseguir que os nosos maiores poidan ter uns servizos de primeira, tal e como se merecen, nun concello no que os seus netos poidan traballar e vivir en Paradela, asentando aquí os seus proxectos de vida”, destacou o candidato. Sobre a candidatura que o acompaña nesta cita electoral asegurou que “combina experiencia con xuventude, con moita ilusión, pero sobre todo únenos o noso forte compromiso con Paradela”.

A candidatura socialista de Paradela está composta por:

  • Iván Castro Díaz
  • Sara Arias López
  • Kevin José Gayoso Vázquez
  • Verónica Rodríguez Rodríguez
  • Marcos Díaz Quiroga
  • Rubén López Fernández
  • Iria Rodríguez López
  • Manuel López López
  • Jorge González Castro

Como suplentes: Alfredo Casto Pérez López; Ramiro Taboada Rodríguez; Noel Magdalena Rodríguez; Carlos López López;  Jessica Fernández López; Lorena López Fernández; Tania Rodríguez López; Miguel Ángel Arias Armesto; Rocío López Diéguez e Lorena Díaz Carrasco.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...