HomePolíticaPor Chantada presenta a súa candidatura este 14 de maio ás 19.30

Por Chantada presenta a súa candidatura este 14 de maio ás 19.30

Este domingo, 14 de maio, a partir das 19:30 horas, no Campo da Feira Vello, terá lugar o mitin de Por Chantada-Interior Galego VIvo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto de presentación da candidatura de Por Chantada para as eleccións municipais do 28 de maio está aberto a toda a veciñanza “para reafirmar as nosas credenciais para liderar o próximo Goberno Municipal”; sinala o candidato, Antom Fente Parada.

A formación política que forma parte de Por un Interior Galego Vivo anima á asistencia, “para ter o arroupe de simpatizantes e afiliadas.” Intervirán integrantes da candidatura de Por Chantada, composta por 23 persoas “cuxas credenciais deixan claro que este é un proxecto que ten o traballo, a honestidade e a ilusión como principios irrenunciables,” aseguran.

A candidatura de Por Chantada confórmana 12 mulleres e 11 homes. “Destas 23 persoas 10 residen na vila, como Xavier Viana Álvarez, e 13 nas parroquias rurais, como Olga Otero Gómez. Destaca o equilibrio entre renovación e continuidade na candidatura, que dá idea da vitalidade do proxecto, pois para 12 persoas é a primeira vez, como Manuel Moure Pérez, e 10 xa formaron parte da candidatura de Por Chantada de 2019, como a concelleira, Cruz Fernández Rodríguez”, sinala o candidato.n

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...